un ratiño presumido
daba voltas e voltas
na roda xiratoria dun laboratorio
e chiaba: iiiiii iiiiiiii iiiiiiiiiiiiiii
que alguén traducía:
que alguén traducía:
" humano, son eu que te observo!
a túa prisión é todo o universo"
un científico, perplexo, e profundamente suxestionado polas ondas sonoras narcóticas que impactaran contra el, empezou a agarrarse coas mans aos barrotes imaxinarios
e unha linda gatiña que por alí discretamente andaba
pensou: miau!
que quere dicir:
4 comentarios:
O que parece inverosímil nesta historia é que o científico caese na trampa do ratiño presumido. Ben, sempre pode pasar que o investigador acabe sendo devorado pola súa investigación, de feito debe pasar a miúdo a xulgar polos resultados.
A xulgar polos resultados da era científica, parece que si. Non esquezamos que ás veces nos experimentos se producen emanacións descontroladas que poden interferir gravemente no experimentador, no experimentado e no ámbito da experimentación; e, como non, nos resultados. Unha desfeita. A desfeita da collona, chamábanlle nons anos 80.
Aínda lembro unha pintada nun muro de Teis con esta consigna.
Estou lembrando como se descubiu o LSD, así por unha emanación fortuita e o experimentador case non o conta do susto que levou. Hai que ter coidado cos de bata branca, con practicamente todos.
Tes razón, a ciencia é a gran puta da tecnoloxía e ambas forman harem co negocio. E no negocio négase o ocio, e calquera posible gozo democrático. Así que disfrutemos da ignorancia innata e deixémonos levar polo instinto positivo se algo queda.
Publicar un comentario