21/06/11

O GRAN MASTURBADOR


O gran masturbador





(fragmento)

A pesar da escuridade reinante
a noite estaba nos seus comezos
nos bordos das grandes escalinatas de ágata
onde
fatigado pola luz do día
que duraba dende a saída do sol
o gran Masturbador
o seu inmenso nariz apoiado sobre o piso de ónix
as súas enormes pálpebras pechadas
a fronte comesta por horribles enrugas
e o colo inchado polo célebre forúnculo que bole de formigas
inmobilízase
extático nese intre do solpór aínda luminoso de máis
mentres a membrana que recobre enteiramente a súa boca
se pon tesa ao longo da angustiosa da enorme lagosta
aferrada inmóbil e apretada contra ela
dende hai catro días e cinco noites.
Todo o amor 
e toda a bebedeira
do gran Masturbador
residía
nos crueis ornamentos de ouro falso
que recobren as súas tempas delicadas e brandas
e imitan
a forma dunha coroa imperial
cuxas finas follas de acanto bronceado
se prolongan
ata as meixelas rosadas e imberbes
e continúan as súas fibras duras
ata fundilas
no alabastro claro da súa caluga.

SALVADOR DALÍ: La femme visible, París, 1930.


Ningún comentario: