A toda máquina de Vladimir Kush |
"A raíña, señores..." anunciou un fulano, sombrizamente grotesco. Empurrada pola rúa a patadas, A Súa Graciosa Maxestade rolou cun estrondo de bocoi sobre o pavimento azul. Polo demáis, era só unha forma oca, vestida con pel de troita, rechea dun ratiño chión.
Baixo un céo todo de gas, o muro de palacio esgazou como unha cortina vella, e quedaron farrapos desfeitos, a roupa interior, a cinza. Os rostros postizos e os esqueletes postizos deixados polos comensais provocan unha galante turbación, baixo un pelo de can e un cabelo de muller. Na avenida roxen os leóns; a chuvia é cálida, a pesar do inverno.
Sexa o que for. En canto a vós, transeúntes e flores públicas, débiles mentais, fieles, protexidos pola apostura e pola canción, vós seguistes con precisión as ordes impartidas que falaban de ventar e discernir a beleza escandalosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario