19/06/11

CARLIÑOS MÍSTICO

caracolito



O ascensor descendía sempre ata perder o alento
e a escaleira subía sempre
Esta señora non entende o que se lle fala
é postiza
E eu que xa contaba con falarlle de amor
Oh! o dependente
tan cómico co seu bigote e as súas cellas
artificiais
Pegou un brinco cando lle tirei delas
Que raro
Que vexo Esa nobre estranxeira
                   Señor eu non son unha muller lixeira de cascos
Uh! a fea
                  Por sorte nós
                  temos valixas de pel de porco
                  a proba de bomba
Esta
                 Vinte dólares
E contén mil
Sempre o mesmo sistema
Nin medida
nin lóxica
                mal tema

LOUIS ARAGON: Feu de joie, París, 1920

Ningún comentario: