19/06/11

SOFÍA






SOFÍA

Cal era o teu soño
cando abandonaches esta ribeira?
Soñabas cunha balsa de estrelas ao garete,
soñabas con abismos de candor?

Separaches as esferas intransixentes
para coller unha flor.
Eras o eco dun mundo de luz.

As bolboretas representan unha escena da túa vida
que amosa o espertar da aurora nos teus beizos
Unha estrela aparece seguindo o teu deseño.

A cortina do día cae para ocultar os soños.
Es unha estrela que se transforma en flor
A luz esvara entre os teus pés
e ás radiantes  envólvente como un cerco.

A flor abala nas súas ás.
Amosa unha xoia de rosada.
Soña cunha bágoa de sutileza.
Os seus beixos son perlas.

Ela desaparece, desaparece
na súa propia luz.
Ela esvaece, esvaece
na súa pureza, na súa mornura.

Soñaches sobre o índice do céo
entre as últimas folerpas da noite.
A terra cubriuse de bágoas de gozo.
O día espertou nunha man de cristal.

JEAN ARP (1866-1966): On my Way, New York, 1948





Ningún comentario: