pimpín |
TEXTO PARA TI, LECTOR,
DE QUEN NUNCA COMEREI
NIN OS DOCES
NIN OS AGRES
NIN OS PÚTRIDOS FROITOS DO AMOR
I
O contexto é a chuvia
O domingo serán
A antesala da morte
A fin da fin
Ollámonos reflexivos
Ollámonos recíprocos
A caermos caéndomos
II
Na caída hai un estraño misterio
Algo que tira por nós
Coa forza do remuíño
Na boca dun funil cósmico
Sen dúbida algo nos atrae
Cara abaixo
Cara a terra
Pútrida e radioactiva
Antes da derradeira glaciación
Explosiva
Prometida
Profetizada
A fin da fin
III
Nin medos, nin choros
Fóra dos sistemas de control
Ningún dos praceres ignorados
Todo programado para a fin da fin
IV
Nacemos e caemos
Nunha pía sen fondo
Alguén tira o tapón
E aí imos nós á deriva
Polos camiños sincronizados do cosmos
Despois de estarmos mergullados nunha xigantesca pía de auga suxa de lavar os trapos do mediodía
Coa alma desinfectada
O espírito roto
E o corpo inútil
Olladas de feras africanas angaioladas
V
No plano cotián semella que non admitimos nada alén da cordura lóxica dos actos, anque veñan de pensamentos e proxectos asasinos.
Resistimos como podemos se alguén insiste
E se non, deixámonos levar polo río das mentiras
Nel afogamos as nosas ansias frustradas
Pero elas aboian
Como a merda oboia informe polos ríos da verdade
VI
Ignoro se o que fago e deixo de facer ten cordura
Animal, vexetal ou mineral
Semella carecer por completo de importancia
Como esa absurda obxección ao lavabo ou á trandeira fixa sen luz no patio de luces inmundo do mundo
Onde respiran con dificultade as almas condenadas a este inferno lóxico e real deseñado por unos señores sen mome nin rostro que disfrutan mudando en merda todo o que tocan, o que mencionan, o que pensan, o que adiviñan, o que planean, o que comen, o que desexan.
VII
Sexa como for, pouco ten que ver que a súa louca cordura nos atinga coa súa corda
Ti es distante e esguío como esquío atrapado nun horario demencial de mediocridade (metade sature, metade inacción)
Ti estás totalmente preparado para nada facer nin molestarte en dar a entender que engoles tanto absurdo coma min e non agardas nada a cambio
Nin unha mínima repercusión nos teus sofisticados sistemas de control
A non ser pequenas descargas eléctricas que non podes deixar de sentir, nin podes explicar, nin ninguén che falou nunca nada delas
E ti séntelas concéntricas
Expandíndose e dilatando
Os complicados circuitos cheos de neón
Do teu malpocado corazón
VIII
E a causa desta avaría é múltiple e confluente
Tendes a un centro como toda a arquitectura dunha árbore harmónica
E logo desprázaste sinuoso como un bonsai
E hai pólas preguiceiras que se deixan abalar ao azar
E poste a tapar fendas
Nas primitivas terras
No xeito de arar
No xeito de sementar campos descoñecidos
Pequenas veigas aínda novas para ti
Terreíños, recunchos perdidos,
Pegureiro a sentir o beo das estrelas
IX
E así descríbote imposible
Cun estilo, un ton e unha mensaxe indecodificable
A non ser pola súa lóxica interna
A propósito da cal non teño pensado engadir nin unha palabra máis
mestre, que é arte?
todo o que significa algo e tamén o seu contrario así como calquera outra cousa ao mesmo tempo
Ningún comentario:
Publicar un comentario