tradutores (tr.)
dou as grazas ás estrelas polos tradutores. a crema do planeta. eu son totalmente inútil. o espeso ar que me rodea tamén me suxeita. mantén o meu pelo liso. selo pel caveira gorra. xiz cerebro molde. o desexo de…viaxar. colleu forza, complicacións gástricas etc. rochas de enfermidade e escoura. máis que lixeiramente parasitaria. a máis dura cola albuminoide. como eses pares de magnéticos terriers escoceses que se mercan nas máquinas automáticas. cadeliños magnetizados movéndose á vez. case bambeando, sempre siameses pegados no último momento.
as follas das pingas de suor violeta africanas. refinamento veneciano. o pelícano. os bambara. os dogon. oh! As 2:49 un pouco de música soul. non hai como a música soul. deus beixe o atormentado marvin gaye. o milagro da motown. precisión de majorette. canta negro canta canta.
ola. a chuvia nocturna. como agromou pelo das beirarrúas (molladas). medrou moi rápido como a marabillosa planta de florida. longa e ondeante. facíalle falta un bo peiteado
como todas as palabras. escritas. americanas. ve todas as palabras como amputadas. sen brazos. brazos coas mans nos cadrís. brazos invisibles que morren porque os vexan. por saudar. fuxida espacial. árabe coloquial
que liña extendida de deserto infinito. aí sentados 30 árabes. en roupas brancas. abriron a súas bocas e empezaron a cantar. muzak alxebraico. primeiro caeron os cubos de neón. disney do deserto animado. o canto canto desenliándose gradualmente. o neón vertical arrastrándose pola area. formando outeiros chepa dunas fonte segundo o ton etc. pronto se retiraron os árabes. pero a voz ficou e seguiu viaxando. como brazos amorosos apertou a terra. brazaletes de saturno. estrela errante. harmonía perfecta. ja ja je je
II
físico final atómico. ta-ta. Ta-ta. tata tata caca. come a miña merda. eu comerei a túa. comerei a túa merda. tata. ta-ta deserto-gobi. deus fervido. sol ardente brillante colo vermello. ouro pega asesta ao teu brando. tata ta-yogo. forma de paxaro. a porta: unha estrutura xeométrica. a aparición dun albino. cos ollos cor grana. cos ollos radiantes de amor. trasvase de fluídos. luz. trevo. ta-ta accidente de coche ta-ta herba enxoiada radio solar ta-ta. todo lingual. todo toda todda todd a. ta la ta xa ta na. non sabe. ninguén. un sabe. ninguén sabe
III
a paisaxe móvese
Patti Smith: Un lume de orixe descoñecida. Colección de escritos 1970-1979
horses
nota a pé de entrada: hoxe, 26 de abril, hai 25 anos que estoupou o reactor da central nuclear de Chernobil provocando o que ata agora se considerou o accidente nuclear máis grave da historia(iso se o último accidente de Xapón non bateu o triste récord)
Lembro perfectamente ese día. Os nenos na escola estaban histéricos; non entendían, pobriños, que estaba sucedendo. Custoume moito encontrar palabras e xestos tranquilizadores. Quixen abrazalos a todos.
Anos máis tarde enteireime que a nube radioactiva deu varias veces a volta ao mundo. Na Costa da Morte desapareceron bosques enteiros de piñeiros marítimos (pequenos e moi retorcidos polo vento) dos que apenas sobrevive algún exemplar. As árbores secaron como se as queimasen sen lume. Alí quedaron mortas, de pé.
As últimas imaxes que vin de Pripiat, a cidade pantasma evacuada tras o accidente, son estremecedoras. A vexetación campa ás súas anchas dentro e fóra dos edificios. É frecuente a presencia de animais salvaxes entre os restos do que queda en pé.
Algunha xente volveu e está empezando a cultivar de novo. Sábese que algúns campesiños das inmediacións nunca marcharon. Será este un avance, unha prospección, do que nos depara o futuro?
DESPOIS DO MISIL VOLVEREMOS AO CANDIL (dixo Aurora, e eu tamén)
Ningún comentario:
Publicar un comentario