06/07/11

LIBERDADE



Ai que pracer
non cumprir cun deber,
ter un libro para ler
e non o facer!
Ler é mazada,
estudar é nada.
O sol doura
sen literatura.
O río corre, ben ou mal,
sen edición orixinal.
E a brisa, esa,
de tan naturalmente matinal,
como ten tempo, non ten présa...

Libros son papeis pintados con tinta.
Estudar é unha cousa en que está indistinta
a distinción entre nada e cousa ningunha.

Canto mellor é, canto ten de bruma,
por D. Sebastián agardar,
estea ou non a chegar!

Grande é a poesía, a bondade e as danzas...
Mais o mellor do mundo son as crianzas,
flores, música, o luar, e o sol, que peca
só cando, en vez de criar, seca.

Alén de todo isto,
está Xesús Cristo,
que non sabía nada de finanzas
nin consta que tivese biblioteca...


FERNANDO PESSOA: Poesias, Obra completa de Fernando Pessoa,  Ediçoes Ática, Lisboa, 1980

Versión aproximada á ortografía  e morfoloxía galega por puro pracer irreverente da miña autoría.




Ningún comentario: