29/11/11

A POESÍA COMO ESPECTÁCULO / por que non?




Certo que esta muller é narcisista escribindo,
o seu é un narcisismo de corte fantástico
iso está mellor que ben
pero moito mellores aínda son os seus dotes interpretativos
autointerprétase amplificando o poema
sen estragalo
todo o contrario
recitado por ela
o texto gaña
e iso vale un potosí.

Os comentarios despectivos sobre o estilo de Iolanda
meten medo e dan pena
son pura envexa (1)
envexa e certa animadversión
enfermiza
por todo o que teña
tintes femininos de máis
e demasiado galaicos.

Parabéns, Iolanda,
por devolver a túa propia imaxe
elevanda á máis alta potencia.
E a quen lle foda
que lle siga fodendo.

Debo estar posuída por algún trasno doméstico
ultimamente non fago máis
que escribir con tacos
debe ser porque paso de taconeos
macabros
e a min que!




(1) se a envidia fose tiña / todos eramos tiñosos / pero como non o é / somos todos uns casposos.





Ningún comentario: