26/04/11

O COÑECEMENTO / DISCURSOS DO REI LEÓN

O coñecemento é un amigo mortal cando non hai regras ......a partir das cales se poida xerar unha resposta.


1º A Terra está mudando os seus pólos magnéticos. Cada quen mudará no seu contrario?

2º O último terremoto desprazou a illa de Xapón 2.4 metros. Que andará a mobilizarse na configuración do ser humano?

3º O eixo da Terra modificou a súa inclinación 10 cm. Neste proceso estamos tamén todos implicados.

4º O mar é un aliado. Saberemos darlle forma á guerrilla no mar?


5º A fidelidade é unha cualidade que teñen mesmo os cans de palleiro. E un can non pode ter dous amos.


6º NUNCA ingresarei nun panteón de amadas ilustres.


http://listen.grooveshark.com/s/Nosa+Se+ra+Da+Gu+a/3puuis?src=5





Lovers go Home!

Agora que empecei o día 
volvendo á túa mirada, 
e encontráchesme ben 
e encontreite más linda. 
 
Agora que por fin 
está bastante claro 
onde estás e onde 
estou.
Sei por primera vez 
que terei forzas 
para construír contigo 
unha amizade tan xeitosa, 
que do veciño 
territorio do amor, 
ese malpocado, 
empezarán a ollarnos 
con envexa, 
e acabarán organizando 
excursions 
para vir  preguntarnos 
como fixemos. 

Mario Benedetti

Estamos chegando ao mar

 
Entradiña elaborada coa colaboración fortuita de:

King Krimson: grandes onde os haxa.

Faro de Vigo: decano de la prensa española.

Mario Benedetti: o gran explorador.

Bibiano: que lle partía os dentes á dictadura cada vez que collía unha guitarra para ir cantar polos institutos unha mensaxe de latencias e de esperanza.

1 comentario:

angola dixo...

CONSTATACIÓN: quen fala hai uns meses que notou grandes transformacións mentais, emocionais......e corporais. A máis rechamante é o pelo que se me está poñendo, decidín deixar de cortalo, e estame vindo unha melena de leona...ai! as leonas non teñen melena, entón debe ser unha melena de león, que emoción! sempre quixen dar renda solta ao meu lado masculino, que mellor ocasión!
Non sei se empezar a falar en masculino, os resultados poden ser espectaculares: discursos do rei león.