14/02/11

SANVALENTÍNTINTIRINTÍN


 A MARTE!


Sabemos que, de cando en vez, xorden entre os seres humanos individuos que semellan exhalar amor do xeito en que o sol emite a súa calor...estas persoas habitualmente están dotadas dun gran potencial creativo... a estes seres que posúen a asombrosa capacidade do amor universal é frecuente que o amor sexual os traia totalmente sen coidado. A razón radica en que, para eles, existe unha relación orótica co mundo exterior que opera entre dito mundo e cada terminación nerviosa dos seus organismos. A totalidade dos seus corpos- psíquica, fisiolóxica e espiritual- é unha zona eróxena. A súa corrente de amor non está canalizada exclusivamente no sistema xenital, como no común dos mortais... Na nosa cultura reprimiuse espectacularmente esta particular expresión de amor , ata darlle a apariencia máis desexable que puidermos maxinar. Como resultado de dous mil anos de represión temos o sexo nos sesos. Non sempre é un lugar adecuado.
As persoas que exudan amor son coma ríos, en todo o sentido da palabra: flúen. E cando conseguen posesións e cousas que lles gustan tenden a entregalas. Canto máis dan, máis reciben. Alguén se decatou que , cando creas un vacío, máis substancias flúen para enchelo?
Alan Watts: O futuro da éxtase. Espectro do amor, 1974

ARQUIVOS ADXUNTOS:

7 comentarios:

carallocorou dixo...

Estes ríos amorosos non serán un pouco marcianos? coñeces alguén con este perfil líquido? Presentame!

saraares dixo...

estes seres están por todos lados, ben afincados na Terra. En potencia, todos somos ríos de amor pero, ignoro por que, preferimos ir taxidermizados pola vida antes que admitir esa posibilidade.

angola dixo...

descoida, carallocorou, cando teñas un ser líquido diante non farán falta presentacións. Entraranche unhas ganas irreprimibles de nadar. E se non sabes, terás necesidade imperiosa de agarrarte a unha boia.

despistadiña papaostias dixo...

están regulados polas mareas?

príncipe xitano dixo...

pois claro, e polas fases lunares!

arneiron dixo...

unha simple curtametraxe caseira cun ser así sería un bombazo!

orrevisor dixo...

shusssssssssss non tentes o demo!