05/02/11

PARIDAS SATÁNICAS




PARIDAS SATÁNICAS

Dunha muller de mundo e dun home ferrocaril nace un dicionario políglota.
Dunha muller viaxeira e dun home solitario nace un  mapa en verso
Dunha muller condenada e dun home de xulgado nace un sentimento enclaustrado.
Dunha muller como un tren e dun home de metal nace unha viaxe astral.
Dunha muller asisada e dun home moi normal nace un meniño anónimo.
Dunha muller mullerona e dun home moi homazo nace un neno dun plumazo.
Dunha muller funil e dun home bocoi de viño nace un rapaz feituquiño.
Dunha muller encarnada e dun varón moi viril é capaz de nacer unha granada en abril.
Dunha muller confiada e dun home preguiceiro sae unha tristísima ollada.
Dunha muller sen costuras e dun home cremalleira só pode saír poeira.
Dunha muller-niño e dun home colibrí sae un ovo de alelí.
Dunha muller sen vergoña e dun home apampanado sae un cativo coitado.
Dunha muller caderno e dun home de carbón sae unha maldición.
Dunha muller impetuosa e dun home acovardado nace un acordeón avariado


ET   ET   ET

6 comentarios:

Khuai dixo...

¿Y qué pasa cuando dos igual de ardientes se acaban quemando mutuamente sin llegar nunca a dejar de amarse?

Al respecto sólo puedo decir que uno de ellos se quitó de en medio y el otro hizo como que lo entendía.

angola dixo...

pois durarán o que dure a súa materia ígnea, o seu potencial ignífugo. Nin máis nin menos!

angola dixo...

A segunda parte da túa inextimable colaboración non a entendo. Desculpa.

Khuai dixo...

Gracias por tu respuesta, Orola. Justo la que me temía.

tirarrollas dixo...

Aquilo que temes é o que máis estás desexando. Proverbio anónimo.

sara ares dixo...

Ben, conflitos de personalidade a parte, quero facer constar expresamente que dei continuidade a estas paridas ou nacementos descontrolados e o exercicio dá para moito. Conseguín unha longa cadea asociativa que non vou reproducir agora porque pode deixar exhausto a un lector desprevenido. Queda na reserva e decátome que ultimamente non fan máis que nacer textos que admiten continuación en calquera outro momento e en calquera outra dimensión espacial. Ideas nómadas, buscando caravanas no deserto.