31/01/11

PARA LER DE FORMA INTERROGATIVA

?????????
para ler de forma interrogativa

viches
verdadeiramente viches
a neve os astros os pasos afelpados do bris
tocaches
de verdade tocaches
o prato o pan a cara desa muller que coidas amar tanto
viviches
como un golpe na fronte
o instante o laio a caída a fuga
soubeches
con cada poro da pel soubeches
que os teus ollos as túas mans o teu sexo o teu brando corazón
había que tiralos
había que choralos
había que reinventalos?

Julio Cortázar 
de Salvo el crepúsculo in Algunos pameos y otros prosemas

2 comentarios:

Khuai dixo...

Cada palabra de Julio Cortázar ocupa en su obra un hueco que no esperaba a ninguna otra que a ella misma. Hasta tiene su forma.

angola dixo...

Ola, Khuai. Non podo respostarche algo que mellore o que ti dis. Sei, porque mo dixo un paxariño, que era un meticuloso detallista capaz de sacarlle brillo ata ás preposicións, por iso me gusta tanto. Traducilo é sempre un pracer. E recibir o teu parecer tamén.