29/01/11

SINTONÍAS






SINTONÍA.....RADIO PIRATONA

EQUIPO MUSICAL DE ALTA INFIDELIDADE
GRAVACIÓNS SENTIMENTAIS
MÚSICA DISTINGUIDA
SOMOS OS HERDEIROS DA CRUS DO CAMPO
EN NÓS MANIFÉSTASE O RURAL, A MONTAÑA, O AREEIRO BÁSICO E ELEMENTAL
A ALDEA GLOBAL SI, A ALDEA UNIVERSAL TAMÉN
CONVERSAS COSMOPOLITAS EN CONSERVA
CAFÉ-CONCERTO CO TEMPO DESCONCERTADO
CONTAMINACIÓN MENTAL CON PREMEDITACIÓN E ALEVOSÍA
LOITA ÁTONA CONTRA OS RELOXOS
SEMPRE AQUÍ E SEMPRE AGORA NOS ENCONTRARÁS
ESTA É A FONTE ONDE BEBE A RAÍÑA LUPA(1)
PARA ENTOAR CÁNTICO ARCAICO E TRÁXICO
ESTE O RÍO ONDE ACODEN A COTÍO
OS ESPÍRITOS DOS IRMANDIÑOS ARMANDO ESCÁNDALO.
ESTAMOS TODOS LOUCOS POR INCORDIAR
COMEREMOS PAN DE FIGOS ATA A FINAL

SINTONIZAS RADIO PIRATONA
DENDE CONYAILAND PARA A GALAXIA
DOS ESTADOS DESUNIDOS DE ALIANZAS TRASATLANTICAS

COMEREMOS BOMBAS EN HIROSHIMA, NAGASAKI E MUROROA
OBSERVAREMOS PERPLEXOS COMO A NOSA NAVE VAI CAMIÑO DE SE CONVERTER NUNHA ESTACIÓN ESPACIAL
DE AUGA E SMOKERS

QUE CADA QUEN CONSTRÚA A SÚA BATEA
ACABÁRONSE OS LIMÓNS
SAÚDE, SORTE E MENOS MISERIA
ATA A PRÓXIMA EMISIÓN

cha cha cha


http://sindominio.net/piratona/drupal/?q=taxonomy/term/4/0


 (1) http://vagalu.blogspot.com/2007/07/raia-lupa-una-de-las-muchas-leyendas.html
 
      http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/11/17/un-atentado-terrorista-contra-a-raina-lupa/


      http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=10&id=473&n=a_ra%ED%F1a_lupa._as_orixes_pag%E1s_de_santiago

5 comentarios:

sara ares dixo...

Hai dúas claves que descifrar nesta emisión: a Raíña Lupa e os Irmandiños. Paga a pena abondar nelas, están as dúas cheas de prodixios.

carallocorou dixo...

Non comprendo, Oroliña, como non chama a atención de ninguén esta entradiña. Debe ser pola maneira rara en que naceu: un texto súper, iniciado hai quince anos, nunhas circunstacias
ancias x e perfilado agora nunhas circun circunstancias Y, que porriba foi guindado como un búmerang, e veu de volta e mira como quedou, desanxelado. Ou será desanxado?
O mellor son as claves, sen dúbida, pero moito me temo que vas ter que explicitalas.

angola dixo...

puaj, que noxo!

tirarrollas dixo...

E alguén esqueceu os Herdeiros da Crus, que son claves nesta historia.

Anónimo dixo...

Texto escada, de novo.