BORRADOR DA DECLARACIÓN
DO IRPF
R.I.P.
A QUEN CORRESPONDA
Non sei por que teño que faser declarasión ningunha a ninguén
Pero como hai que fasela
Que ten que ser como eles digan
Pois prosedo a faser a miña declarasión
Eu declaro abertamente o conflito non armado con armas convencionais
Senón con metralla abstracta recheíña de eternidade
A guerra
á podredume deste sistema e
Tamén declaro o meu amparo incondicional a Terra
o único que temos
Outrosí, sisirisí, declaro a miña independencia.
Por se alguén non o pillou isto é un golpe en toda regra
O parlamento é o mundo e eu digo
Corpos a terra
Que en min mando eu
E ninguén máis
E declaro que detesto mandar en ninguén
Quenqueira ser mandado
Que se deixe estar como está
E aquí non pasa nada
Eu non o vou criticar
Pero declaro que nunca a súa condición de mandado
Será obxecto dos escritos, nin dos comentarios de quen fai esta declaración
Que máis podo declarar, ai, si
Declaro que non son católica
Que son panteísta politeísta animista individualista e bastante primitiva
Declaro que conservo trazos dos primates
E raíz de fento
E agar agar das medusas
E o ferrete velenoso dalgúns insectos
Dos insectos declaro que o que máis me gusta é a ollada poliédrica
A multiplicidade de puntos de vista simultáneos
Eu xa sei que isto vai gravar moito na miña declaración
Pero prefiro declaralo
Non vaia ser que se presente un inspector e despois sexa peor o remedio que a enfermidade
Declaro así mesmo estar posuída polo demo como mínimo un día á semana
E entrar nunha pedra de ámbar todas as tardes posibles
Declaro que todo o que ten amor me namora
E que o puro odio me espanta e me anula e ponme enferma
Declaro unha fe incondicional na beleza da vida
E na beleza da morte
E declaro que non consinto que ninguén me impoña cos seus limitados aparellos a súa limitada visión
Declaro formal e solemnemente estar en posesión das miñas facultades mentais
Sométoas quinsenalmente a probas de lume
Declaro coas miñas mans enriba do libro sagrado do mundo estar sempre aberta a todo milagro, a todo prodixio, a toda marabilla
A ver en canto queda isto
Non pasa nada se non dá a devolver
E se dá a paghar, pághase
Todo o que sexa necesario e se a alguén lle fode..... pois que lle siga fodendo!
http://sobredosi.blogspot.com/2011/01/carta-oberta-als-deus.html
http://elsuelosiguetemblando.blogspot.com/2011/01/eternos-potenciales.html
http://mikelcaverna.blogspot.com/2011/01/mind-is-target.html
2 comentarios:
Subscribo tu declaración palabra por palabra, incluso todas aquellas cosas personales e intransferibles, porque yo también tengo de esas cosas y donde en el texto están las tuyas yo pongo las mías para al final acabar pensando que esto es un ultimátum que debería resonar en cada televisión y cada radio como último programa antes de un chispazo.
Estupendo! la idea original es que sea un texto extensivo y transferible, de manera que cualquiera pueda formular sus declaraciones particulares. Es más, se me está ocurriendo que podemos hacer un concurso de declaraciones. Estoy segura que la tuya no tendrá desperdicio.
El premio está garantizado para todos los concursantes
OROLA
Publicar un comentario