Unha orfiña fiaba, sentada sobre o muro da cidade, cando viu saír un sapo dunha fendedura.
Rapidamente despregou xunto a ela o seu pano de seda azul, que os sapos aman con paixón e só a eles se dirixen. Así que o sapo viu o pano, deu media volta, e volveu cunha pequena coroa de ouro, colocouna sobre o pano e marchou de novo. A nena tomou a coroa; lampexaba relumbrante, formábana os máis delicados fíos de ouro que nunca ninguén imaxinara. Pouco despois, o sapo volveu, e, ao non ver a coroa, deixouse esvarar polo muro e bateu contra el a súa cabeciña, cheo de dor, ata que as súas forzas se esgotaron e caeu morto.
Se a nena non tivese tocado a coroa, o sapo tería sacado máis tesouros da fendedura.
Herman Hesse
Imaxe extraída de http://ciudadtecnicolor.wordpress.com/2008/08/07/corona-negra-y-rosa-negra/
http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/12/xiga.html
Imaxe extraída de http://ciudadtecnicolor.wordpress.com/2008/08/07/corona-negra-y-rosa-negra/
http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/12/xiga.html
2 comentarios:
Todo un reto enunciar que simboliza a coroa neste enterro. Pobre sapiño!
Si, un feitizo que se desvanece no momento en que tocamos, como un soño.
para que querería a orfiña unha coroa brillante feita da materia dos soños?
que outros tesouros tería sacado o sapiño do muro?
H Hesse é o gran mago das incógnitas, déixaas todas por despexar...
Publicar un comentario