08/10/10

MENHIR 7

couselos-conchelos


Menhir do/azar




A fartar de travesías
E outras singraduras
Bótote en falta
Sen agardarte

Peores tempos pasaron
E tamén mellores

Onde moito había
Non hai nada
Onde de todo faltaba
Hoxe de todo sobra

Chegaches
Imprevisible
Fóra de todo guión
Sen agardarte
Non fai falta ratificar
Estás aquí imposible
Non sei que facer coa miña alegría
Amala Amarela

poñela
nun sobre alaranxado
cunha branca mensaxe
Desintegrándose
Aí vai e chega
Sen  a agardares
A ver que fas con ela

un avión que despega
unha barquiña de vela
unha sinxela gamela
unha lista precaria de cousas
un apuntamento arcaico  de teléfono
unha aperta sincera
un silencio sicofónico
un imán de terra
un sistema de circuitos pechados
unha xanela aberta
unha andoriña verde
unha sorrinte caveira




Saraares


benvida na reserva que conserva todas as matices da verde

Ningún comentario: