12/11/10

O Imperio da cidades



       A primeira cidade foi fundada por Caín tras o asasinato do seu irmán Abel. Deus condenouno a ser un vagabundo e un fuxitivo, alá onde se dirixise, a terra berraría contra el polo seu crime, finalmente fuxiu á terra de Nod para construír a primeira cidade como o seu refuxio e fortaleza (a cidade é, pois, unha cousa nova , estraña e perigosa no mundo, a creación dun asasino e un desterrado).


      Dentro dos seus muros, uníronse talentos astutos e arrogantes, fóra da influencia de costumes e parentescos: o mercader e o prestamista, o señor feudal e o cura, parásitos que se cebaban na riqueza do campo circudante.. Desde o principio da súa historia nas antigas civilizacións dos vales fluviais, a cidade atreveuse a utilizar o seu control de armas e cerebros para extraer tributo da terra e elevou a extorsión á categoría de "goberno"..........


      A cidade é dun modo intrínseco, unha central de enerxías depredadoras......


      A quenqueira que non ceda ante nós -o campesiño, o nómada, o salvaxe- considerámolo como refugallo cultural no noso camiño. A marca fratricida segue aínda na nosa fronte como unha coroa chamada "civilización". Civilización...o mundo convertido en "civil", urbanizado, absorvido pola orde urbana das cousas.




Theodore Roszak: Persoa / Planeta, parte II: A escala persoal da vida: fogar, escola, traballo e cidade




o 90% do diñeiro é virtual


http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/12/vision-epizootica.html

16 comentarios:

Anónimo dixo...

AMÉN

(Grupo Arbeit)



..............................Amena, tu libertad.
..............................Los tiempos cambian, el espíritu permanece, Wolkswagen.


Mientras
consumamos nuestras angustias
consumiendo
nos preguntamos
qué decir cuando todo suena
a ya dicho,
cuando el sentido de
cada
una
de
nuestras
palabras
ha sido planeado
preparado
desactivado
prefabricado
pues al parecer hace tiempo que
además del espinazo
también nos partieron
la boca.

In Número diecinueve MLRS

Anónimo dixo...

hai que pasar a aspiradora
pouco importa que os ácaros reproduzan os seus átomos como esporas
hai que pasar a aspiradora

angola dixo...

CANTO DE SIRENA (lyrics)

campo de concentración último modelo do noroeste

metade sur occidental

lumpens, proles e boy scouts
aculugan os buses vermellos da verde semana

robots acuáticos inzan as praias
de parafusos enferruxados

VINGO!

cidade sen lei
cadaquén ao seu
caos
calidades de vida
Wichita silenciada
cemitério histérico
non hai noite/ nin madrugada

arrabaldos arredados da órbita terrestre

templos de imformación colapasados

virus el´sctricos sedados

circuitos centrais anestesiados

as estatuas sorrín á estratosfera, inocentes
os semáforos marcan a pauta
tatexan as sinestésicas
as portas do embigo-comercios
abren e pechan
engolen degluten
e
cospen sen cesar
a cliantela

o fluído metálico vital
circula parsimoniosamente
polas veas das rúas desérticas

a Santa Compaña mediñenta
foxe aos cumes
dan con ela
agora toma té cos leóns da Madroa catatónica

ninguén quere acreditar

aquí estamos
en STAND BY

Anónimo dixo...

A Madroa foi en tempos antepretéritos a montaña sagrada dos nosos antergos. A súa raíz léxica é transparente: < MATRONAM , a montaña-nai da que baixan os ríos que dan a vida-

Na actualidade ten o estraño honor de ser o único zooilóxico de Galicia. Algúns anos atrás escapou un león que baixou polo monte e disque chegou ata a Avenida Buenos Aires, alí matárono a tiros. Triste historia.

angola dixo...

Es el invierno



Es el invierno. Y el calor se mete por todas
Partes. Debemos huir a los edificios públicos
Y privados, a los establecimientos de comida
Rápida para obtener un poco del aire
Acondicionado por el sistema.
Es esto el desierto. O, mejor dicho, una
Ciudad en medio del desierto. (O, mejor dicho aún,
El texto en el cual se habla del invierno
En la ciudad en medio del desierto.) Una fría ciudad
Muerta, con carros de claxon

silenciosos
Y avenidas por las que los peatones no sueñan
Ni divagan ni molestan
A los cautos conductores que no los agreden.
Una fría ciudad en medio del desierto
Donde el sudor que te recorre por la frente
No es producto del terror
Que toda ciudad respetable debiera producirte
Sino por su invierno, su inexistente invierno.

Paolo Lima: MUNDO ARCANO

angola dixo...

Escucha el silencio del poema...



Escucha el silencio del poema
Escucha en silencio el poema
La ciudad es invisible
La ciudad está en ti
Shhh!
Calla
Nada hay
Sólo este silencio
En este silencio estás
La ciudad está en ti
La ciudad calla
Mientras escuchas
El silencio del poema
La ciudad calla
Mientras escuchas
En silencio
El poema.

Ibidem

angola dixo...

Corpos sen alma:

1. non bailan
2. non cantan
3. non se deixan engaiolar por contos
4. non aturan o silencio

Ángeles Arrieu

angola dixo...

ODA Á CIDADE (ENTRE PARÉNTESE)

Perdido na inmensa noite
sen encrucilladas nin rueiros
(esa mesta escuridade azul dos teus cabelos)
voou o vampiro derradeiro
dun extremo a outro do horizonte
atravesando curutos, olgas, veigas e lameiros
(esa sombriza soidade do teu resentimento)

Coidándose chegado
dirixiu a súa singradura
cara un dos múltiples accesos
da cidade escollida
(ese teu escintilar por todas partes minúsculos luceiros)

No desproporcionado labirinto de cemento
quedou entalado perante o resplandor
dunha luz senlleira
embarrancada nunha fochanca
do canellón
(alí onde eu concluín o meu voo senlleiro)
abeirouse tanto a ela
que por un momento
coidou asistir
ao estalar dunha terceira madrugada
noutra esfera
e xa non puido máis
que pór termo á súa tenrura
nun intre de rabiosa xenreira

Houbo un día un vampiro silandeiro,
bébedo de sol,
que, non sabendo que facer
coas súas ás de silencio,
foi esmorecer na rúa onde ti habitas,
no inacabado aloumiño
dos teus beizos.

A penas iniciado na distancia
o beixo
bateu os fuciños sanguiñentos
contra un teimudo muro de cristal
espeso e denso
a poucos milímetros
de onde o agardaba
o teu amor
(ese paredón
onde topei amoreados e cincentos
enxoitos
vampiros
disecados
a milleiros

Aurora da Silva

angola dixo...

REINA GRIS EN CIUDAD CREPÚSCULO
Por Gustavo Marcelo GALLIANO

Reina Gris gobierna,
Ciudad Crepúsculo observa,
la miel, la mies, la piel,
todo ofrendado a ella.
Baila Reina Gris,
baila decadencia,
que hoy tu infiel estirpe
al fin ya no procrea.
Ríe Reina Gris,
sin bufones ni Corte,
la suciedad de tu reino
sentenciando te absorbe.
Ríe Reina Gris,
ríe y alecciona,
que en tu reír bastardo,
la urbe no da loas.
Jadea Reina Gris,
revuélcate en tu odio,
que el carrusel del olvido
no gravará tu historia.
Estalla Reina Gris,
propagadora del mal ,
en tu paso pestilente,
de catadora seminal.
Solloza Reina Gris,
nosotros lo imploramos,
esclavos de tu lujuria,
esclavos por debilidad.
Resígnate Reina Gris,
sin súbditos ni huestes,
nosotros, tus burlados,
reiremos de tu suerte.-

Publicado en la Antología “Poetas y Narradores Contemporáneos 2007”, organizado por De Los Cuatro Vientos Ediciones, Junio de 2007. Buenos Aires, Argentina.

angola dixo...

Paisa
oye paisa tu compra algo mi
reló, gafa, goro
bueno, bonito, barato paisa
tu compra algo mi…

pero es que no te enteras…
no quiero nada de ti moreno
ya todo lo tengo,
tus bosques, tus minas, tus piedras preciosas, tus negras
toda tu piel y sal
y los leones enjaulados
y los bancos de peces,
hasta el color púrpura de áfrica
-el cuerno de la abundancia –
lo tengo yo…

pero oye paisa yo amigo tuyo
yo sólo busca trabajo en españa
sólo compra algo mi
yo hambre, yo no casa
yo amigo paisa, mucho amigo

no negro, tu no amigo mío,
esta no es tu tierra
yo tengo ahora el tiempo
y el fondo monetario internacional
y todas, todas las malditas
organizaciones no gubernamentales
para lavarme la cara y el culo
y venderte como siempre
lo que antes ya era tuyo

oye paisa pero yo siempre bueno con tú
yo gusta barsa y pallea
y mucho toro en sevilla
yo sólo hambre paisa
mucha hambre…

eres tonto negro,
tu nunca amigo mío,
tu hambre me da de comer
tu sed llena mis piscinas
tu mujer calienta mi cama
tus heridas de bala las fabrico yo
yo soy tu virus del sida negro
yo soy el blanco
de todas tus pesadillas.

no paisa no
yo siempre amigo tuyo
yo cuida bien tu familia
yo sólo tener la vida,
mucho querer y amor
y sonrisas
que paisa ya no tiene,
sólo eso paisa, la vida.

Uberto Stabile
autoresenlared.com

angola dixo...

O CAN DANADO

Igoal que un can DANADO nos camiños
o terror anda solto polo mundo.
Semella un vento negro que pousase
súas ÁS de corvo
sobre a frente dos homes temerosos.
Un XELO de INVERNÍA en DESCAMPADO
paraliza os RELOXOS, PERFURA as GORXAS
e pon VEOS de ANGURIA nas palabras.
Un grande telescopio nos vixía
coma un ollo de Cíclope
que segue os nosos pasos
e fita sen ACOUGO o noso rumbo,
dende tódalas fiestras,
dende tódalas torres,
dende tódalas voces que nos falan.
A noite é un micrófono impasíbel
que escoita o LATEXAR do noso peito,
coma un escuro espía que ESPREITASE
os nosos pensamentos máis SEGREDOS.
Todo se TROCA en cousa inconfesábel;
detrás de cada esquina unha sospeita,
unha DÚBIDA detrás de cada sombra,
e medo, medo, medo,
un pozo profundísimo de medo,
espello de auga fría
no que o terror se mira eternamente.
C E FERREIRO

Anónimo dixo...

Compre.
Y si compra,
podrá seguir comprando.
Puesto que, de ese modo,
nos esforzaremos más
y podremos venderle
más objetos que
usted pueda
comprar.
Compre.
Y si compra,
podrá seguir comprando.
Puesto que, de ese modo,
podrá engañarse y
olvidar cualquier
tipo de tristeza
o depresión
que tenga.
Compre.
Es la solución
a todos sus problemas.

tiemblaelsuelo.blogspot.com

Anónimo dixo...

As escavadoras derruindo casas de adobe
os guindastres erguendo torres de cristal
infernos cotiáns/paraísos fiscais
dous nenos remexen no lixo dun vertedoiro
mentras a bolsa intermitente en fluctuacións manténse
caen ao baleiro operarios das grandes infraestructuras
e no baleiro viaxan en jets privados os seus promotores
a velocidade de conexión das terminais non para de incrementar
raudas viaxan as novas mercadorías
os lentos quédanse atrás desactualizados con fame e espera
a produción aumenta malia todo polos costados da terra
os novos esclavos do milenio acóllense a convenios de ar
localización e destrución de territorios
materias primas creadas en laboratorios isolagan os campos
mentras miles de pobres comen bolachas de arxila
as pensións están aseguradas gracias ao superavit
en explotación constante a traballadores atados
millóns de parados fan colas eternas á procura de migaxas
chantaxe de docilidade instaurada en occidente
paramilitares asasinan á poboación que procura a subsistencia
en países devastados polo expolio imperialista
guerras continuas en conflitos que desexan non rematar nunca
millóns de persoas desprazadas por intereses enerxéticos
policías controlando as rúas mugrentas de suburbios
alonxadas de casinos, faraóns e complexos hoteleiros
políticos aliados con multinacionais na procura de poder
planexan, efectuan, executan horrendos plans
das utopías de formigón e aceiro engaiolando dentro todo
para que non se saia do tremendo caos universal
e do aillamento total.

Alfonso Rodríguez:Poemas distópicos
in andar21

Anónimo dixo...

Las miserias de la Civilización han desviado a la Tierra y a la humanidad de su propio destino en un sentido literalmente cósmico. La Pasión, la cual hemos aprendido a ver como “el mal”, es de hecho, virtualmente, el principio divino. Los seres humanos son estrellas microscópicas, y todas las pasiones y deseos (incluyendo los “fetiches” y las “perversiones”) son por naturaleza no solamente buenas, sino necesarias para la realización del destino de los humanos. En el sistema de Armonía de Fourier todas las actividades creativas incluyendo a la industria, la artesanía, la agricultura, etc. surgirán de la liberación de la pasión -ésta es la famosa teoría de la “labor atractiva”. Fourier sexualiza el mismo trabajo –- la vida del Falansterio es una continua orgía del sentimiento intenso, del pensamiento y de la actividad, una sociedad de amantes y salvajes entusiastas. Cuando la vida social de la Tierra es armonizada, nuestro planeta volverá a incorporarse al universo de Pasión y se experimentarán vastas transformaciones en la forma del cuerpo humano, en el tiempo atmosférico, en los animales y plantas, incluso en los océanos.

Hakim Bey resumindo o pensamento de Fourier sobre a civilización

orrevisor dixo...

Entro de noite na miña cidade, eu baixo á miña cidade onde me agardan ou me eluden, onde teño que fuxir dalgunha abominable cita, do que non ten nome, unha cita con dedos, con anacos de carne nun armario, cunha ducha que non encontro, na miña cidade hai duchas, hai unha canle que corta polo medio a miña cidade e navíos enormes sen mastros pasan nun silencio intolerable cara un destino que coñezo pero que esquezo ao regresar, cara un destino que nega a miña cidade onde ninguén embarca, onde un está para ficar, aínda que os barcos pasen e dende a lisa ponte elguén estea ollando a miña cidade.

Entro sen saber como na miña cidade, ás veces outras noites saio a rúas e casas e sei que non é a miña cidade, a miña cidade coñézoa por unha expectativa acazapada, algo que non é o medo aínda pero ten a súa forma e o seu can e cando é a miña cidade sei que primeiro haberá o mercado con portais e con tendas de froita, os rieis lampexantes dun tranvía que se perde cara un rumbo onde fun novo, pero non na miña cidade, un barrio como o Once de Buenos Aires, un cheiro a colexio, paredóns tranquilos e un branco cenotafio, a rúa Vintecatro de Novembro quizais, onde non hai cenotafios pero está na miña cidade cando é a súa noite.

Entro polo mercado que condensa o relento dun agoiro aínda indiferente, ameaza benévola alí ollan para min as froiteiras e emprázanme, chantan en min o desexo, chegar onde é necesario e podredume, o podre é a chave secreta na miña cidade, unha fecal industria de xasmíns de cera, a rúa que serpea, que me leva ao encontro con iso que non sei, as caras das pescantinas, os seus ollos que non miran e é o emprazamento, e entón o hotel, o desta noite porque mañá ou algún día será outro, a miña cidade é hoteis infinitos e sempre o mesmo hotel, varandas tropicais de canas e persianas e vagos mosquiteiros e un arrecendo a canela e azafrán, cuartos que se seguen cos seus empapelados claros, as súas cadeiras de brazos de vimbio e os ventiladores nun céo rosa, con portas que non dan a nada, que dan a outros cuartos onde hai ventiladores e máis portas, elos secretos da cita, e hai que entrar e seguir polo hotel deserto e ás veces é un ascensor onde o medo xa empeza a callar, pero outras veces estará baleiro, cando é peor están baleiros e eu debo viaxar interminablemente ata que cesa de subir e esvara horizontal, na miña cidade os ascensores como caixas de vidro que avanzan en zigzag atravesan pontes cubertas entre dous edificios e abaixo ábrese a cidade e medra a vertixe porque entrarei outra vez no hotel ou nas deshabitadas galerías de algo que xa non é o hotel, a mansión infinita á que levan todos os ascensores e as portas, todas as galerías, e hai que saír do ascensor e procurar unha ducha ou un retrete porque si, sen razóns, porque a cita é unha ducha ou un retrete e non é a cita, buscar a ledicia en calzóns, cun xabrón e un peite pero sempre sen toalla, cómpre atopar a toalla e o retrete, a miña cidade é retretes incontables, sucios, con porteliñas de miras, sen ferrollos, apestando a amoniaco e as duchas están nunha mesma enorme escuadra co piso fedorento e unha circulación de xentes que non teñen figura pero que están aí nas duchas, enchendo os retretes onde tamén están as duchas, onde debo bañarme pero non hai toalla e non hai onde pousar o peite e o xabrón, onde deixar a roupa, porque ás veces estou vestido na miña cidade e despois da ducha irei á cita, andarei pola rúa de altas beirarrúas, unha rúa que existe na miña cidade e que sae cara o campo, alónxame da canle e dos tranvías polas súas torpes beirarrúas de tixolos gastados e as súas sebes, os seus encontros hostís, os seus cabalos fantasmas e o seu olor a desgraza.

saraares dixo...

Daquela andarei pola miña cidade e entrarei no hotel e no hotel sairei á zona dos retretes zumegantes de ouriños e excrementos, ou contigo estarei, meu amor, porque contigo eu baixei algunha vez á miña cidade e nun tranvía ateigado de alleos pasaxeiros sen figura comprendín que a abominación se aproximaba, que ía ocorrer o Can, e quixen terte contra min, gardarte do espanto, pero afastábannos tantos corpos, e cando te obrigaban a baixar entre un confuso movemento non puiden seguirte, loitei coa goma insidiosa de lapelas e caras, cun garda impasible e a velocidade e campaíñas ata arrincarme nun recuncho e saltar e estar só nunha praza do solpór e saber que berrabas e berrabas perdida na miña cidade, tan perto e inachable, para sempre perdida na miña cidade, e iso era o Can, era a cita, inapelablemente era a cita, afastados por sempre na miña cidade onde non había hoteis para ti nin ascensores nin duchas, un horror de estar soa mentres alguén se abeiraría sen falar para apoiarche un dedo pálido na boca.

Ou a variante, estar ollando a miña cidade dende a borda do navío sen mastros que atravesa a canle, un silencio de arañas e un suspendido escorregar cara ese rumbo que non acadaremos porque nalgún momento xa non hai barco, todo é plataforma e equivocados trens, as perdidas maletas, as innúmeras vías e os tren s inmóbiles que bruscamente se desprazan e xa non é a plataforma, hai que atravesar para dar co tren e as maletas perdéronse e ninguén sabe nada, e todo é cheiro a brea e a uniformes de gardas impasibles ata gabear a ese vagón que vai saír e percorrer un tren que non termina nunca onde a xente apiñocada dorme en cuartos de fatigados mobles, con cortinas escuras e un respiro de po e de cervexa, e haberá que andar ata a final do tren porque nalgures hai que atoparse, sen que se saiba quen, a cita era con alguén que non se sabe e perdéronse as maletas e ti, de cando en vez, estás tamén na estación pero o teu tren é outro tren, o teu Can é outro Can, non nos atoparemos, meu amor, perdereite outra vez no tranvía ou no tren, en calzóns correrei por entre xentes apiñocadas e durmindo nos compartimentos onde unha luz violeta cega os poeirentos panos, as cortinas que ocultan a miña cidade.

62 Modelo para armar, Julio Cortázar