VISIÓN EPIZOÓTICA
Vexo na miña cama
un mandril sentado,
semella estar morto;
de feito, non hai dúbida.
Non se move o seu nariz
nin chisca os ollos!
E o marrao aos seus pés
hai ben tempo que fede.
De onde veu, non son quen
de dicilo;
é grande e fero e papudo...
grande de máis para levalo a rastras.
Cal será o seu plan,
cal a marca ou o sinal?
Olleino e non puiden adiviñar
nada alén da liña mental.
Así que optei por soñar, e vin,
aínda sentado e morto
o mesmo que vin antes:
un mandril na miña cama.
Espertou co frío
dos seus pés e dos seus cadrís,
pilleino comendo ratos.
Sorriu cos seus terribles ollos,
rañou a cara e a cabeza
e despois o xeonllo.
" Que queres?", díxenlle,
" Que queres de min?"
Sorriu aínda máis e limpou
o cú cun nervio
de rato e entón chiou:
"Nada, eu quero nada."
http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/11/o-imperio-da-cidades.html
http://listen.grooveshark.com/s/Epitaph+including+March+For+No+Reason+and+Tomorrow+And+Tomorrow+/2kfWwk
Vexo na miña cama
un mandril sentado,
semella estar morto;
de feito, non hai dúbida.
Non se move o seu nariz
nin chisca os ollos!
E o marrao aos seus pés
hai ben tempo que fede.
De onde veu, non son quen
de dicilo;
é grande e fero e papudo...
grande de máis para levalo a rastras.
Cal será o seu plan,
cal a marca ou o sinal?
Olleino e non puiden adiviñar
nada alén da liña mental.
Así que optei por soñar, e vin,
aínda sentado e morto
o mesmo que vin antes:
un mandril na miña cama.
Espertou co frío
dos seus pés e dos seus cadrís,
pilleino comendo ratos.
Sorriu cos seus terribles ollos,
rañou a cara e a cabeza
e despois o xeonllo.
" Que queres?", díxenlle,
" Que queres de min?"
Sorriu aínda máis e limpou
o cú cun nervio
de rato e entón chiou:
"Nada, eu quero nada."
http://amarellesbravos.blogspot.com/2010/11/o-imperio-da-cidades.html
http://listen.grooveshark.com/s/Epitaph+including+March+For+No+Reason+and+Tomorrow+And+Tomorrow+/2kfWwk
Ningún comentario:
Publicar un comentario