07/11/10

FÁBULA

Contan que unha vez se reuniron nalgún lugar da terra todos os sentimientos e cualidades dos Seres Humanos.
Cando o Aburrimento boqueaba por terceira vez, a Loucura como sempre tan louca  propúxolles:
…imos  xogar ás agachadas?
A Intriga levantou a cella intrigada e a Curiosidade sen poder conterse  preguntoulle: Ás agachadas..??? e… Como é iso??….
É un xogo, explicou a Loucura, en e que eu  tapo a cara e comezo a contar desde un ata un millón… e cando eu termine de contar, o primeiro de vós que eu encontre ocupará o meu lugar para continuar o xogo.
O Entusiasmo bailou entusiasmado secundado pola Euforia.
A Alegría deu tantos brincos que terminou convencendo á Dúbida, e mesmo á Apatía, á que nunca lle interesaba facer nada.
Pero non todos querían participar.
A Verdade preferiu non agocharse… para que…?? ….se á final sempre daban con ela
E a Soberbia opinou que era un xogo de mexebos (en realidade o que lle roía era que a idea non fose dela)… e a Covardía preferiu non arriscarse.
Un, dous, tres… comenzou a contar a Locura. A primeira en agocharse foi a Preguiza, como siempre tan preguiceira  deixouse caer tras a primeira pedra do camiño.
A Fe subiu ao céo e a Envexa  agochouse tras a sombra do Triunfo, que co seu propio esforzo dera chegado á copa da árbore máis alta.
A Xenerosidade case non foi quen de  agocharse, cada sitio que atopaba  parecíalle marabilloso para algún dos seus amigos… …que se un lago cristalino… para a Beleza …que se unha fenda nunha árbore… perfecto para a Timidez …que se o voo dunha bolboreta… o mellor para a Voluptuosidade …que se unha racha de vento… magnífico para a Liberdade. Así terminou por acubillar nun raíño de sol.
O Egoísmo, en cambio, deu  cun sitio moi bo desde o principio: aireado, cómodo… pero só para el.
A Mentira agochouse no fondo dos océanos… (mentira, agochouse detrás do arco iris).


 A Paixón e o Desexo no centro dos volcáns.
O Esquecemento…esquecín onde se agochou o Esquecemento, pero iso no é o máis importante.
A Loucura contaba xa novecentos noventa e nove mil novecentos noventa e nove… e o Amor non dera aínda co sitio para agocharse entre as súas flores.
Un millón contou a Loucura e comezou a buscar.
A primeira en encontrar fue á Preguiza… a só tres pasos detrás dunhas pedras.
Despois  escoitouse a Fe discutindo con Deus sobre Teoloxía, e á Paixón e o Desexo  sentiunos vibrar nos volcáns.
Nun descoido encontrou á Envexa e claro, puido deducir onde andaba o Triunfo.
Ao Egoísmo non tivo nin que buscarlo, el só saiu disparado de su agocho, que resultou ser un niño de avespas.
De tanto camiñar sentiu sede e ao abeirarse ao lago… descubriu a  Beleza, e coa Dúbida resultou máis doado aínda, pois foi atopala sentada nunha cerca sen decidir aínda onde agocharse. Así fue encontrando a todos.
Ao Talento entre a herba fresca…
Á Angustia nunha escura cova…
Á Mentira, detrás do arco iris, (mentira… no fondo del mar).
Ata  o Esquecemento… xa esquecera que estaba xogando ás agachadas.
Pero… só  Amor… no aparecía por ningures.
A Locura buscou detrás de cada árbore, baixo cada regato do planeta, na cima das montañas, e cando estaba por darse por vencida, albiscou unha roseira e pensou:
… O Amor sempre tan cursi, seguro se agochou entre as rosas… tomou una forca e comezou a mover as ramas… cuando de pronto un doloroso berro se escoitou…
As espiñas feriran os ollos do Amor, a Loucura no sabía que facer para disculparse: …chorou… rogou… pediu perdón e mesmo prometeu facerlle de guía.
Dende aquela, dende que por primeira vez se xogou na Terra ás agachadas, o Amor é cego… e a Locura sempre o acompaña.




cantares de cego