10/11/11

MANOLO IN MY MIND





FONEMAS

Do máis aló da gorxa,
dun profundo e misterioso fol, 
saíannos sons que debiamos matar. 
Repitan:
Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo
Pero Lolo o do Rito dicía:
Los pajaros de Juadalagara tienen la jarjanta llena de trijo
e o mestre dáballe un pau.
A min custoume algún traballo dicir sen respirar
que había plantas monocotiledóneas
pero non dei sabido de que familia era
se é que a tiña
o toxo que douraba os montes de Galicia.

MANUEL RIVAS: Costa da morte blues, Xerais, Vigo,1995






Ningún comentario: