ARROUTADA
Máxico andar de noites incompletas
de noites engulidas de présa de bebidas amargas engulidas de présa
noites cubertas pola esteira terrosa das nosas paixóns lentas
soños áridos peteirados polas olladas insistentes dos corvos
sucios e enchoupados farrapos de noite erguemos
en cada un de nós unha torre de cor tan fachendosa
que a ollada xa non se aferra máis alá das montañas e as augas
e o céo xa non se afasta das nosas redes de pescar estrelas
e as nubes bótanse aos nosos pés coma cans de caza
e podemos ollar o sol de fronte deica o esquecemento
e sen embargo o meu repouso non dá coa súa razón
senón no niño dos teus brazos a marea da noite
despois do estoupido das tormentas clamorosas chorrea a morte
é o corpo esfiañado dunha panoplia da terra
que se debulla no colar dos nosos soños de esquecemento.
CAMIÑO
que camiño é aquel que nos afasta
e a través do cal tendo a man do meu pensamento
hai unha flor escrita na punta de cada dedo
e o bordo do camiño é unha flor que marcha ao teu carón
TRISTAN TZARA: Indicateur des Chemins de Coeur, París, 1928

imaxes surrealistas |
Ningún comentario:
Publicar un comentario