24/01/13

Éche un cantar miudiño







Fito Domínguez levou con el ao outro mundo unha voz prodixiosa que nunca se puxo ao servizo de ninguén que non soubese andar de cando en vez de farra a cantar polas tabernas. Foi o único dos fundadores da banda orixinal que quedou na Roda . Cando empezaron,  formaban parte tamén o inesquecible Suso Vaamonde e o seu irmán. Grandes voces que rescataron do esquecemento as vellas cantigas populares para facer nacer con elas o folk urbano dos barrios obreiros de Vigo. A cousa foi tan grande que, segundo contan, un rapaz que estaba en coma conseguiu resucitar escoitando o gato metido no saco na voz de Fito. Esa caverna de resonancias irrepetibles. 
Saúde e terra, sempre.








Ningún comentario: