20/09/11

A PROBA DA AUGA

Entón dixen para min:
Os únicos poetas que me interesan
son os que levan con coidado
con mans nerviosas
un cunco cheo de sangue
no que caeu unha pinga de leite
ou un cunco cheo de leite
no que caeu unha pinga de sangue...
Iso xa está visto, agora quero ver
o firme asimento dun cunco cheo ata os bordos
de auga de manancial.


GUNNAR EKELÖF: Non serviam, Antoloxía Poética



enlaces a outros textos de Gunnar Ekelöf
Dríade: Voo618
Poesoños: Caixadepandora
22: Voo618