O DEREITO A IGNORAR A CULTURA PROGRAMADA
outside the wall |
(paráfrase libre de O Muro de Pink Floyd)
Baladas de badaladas mecánicas
Os obreiros do mundo, feitos magas,
Senten as súas vidas,
Cando baixan do transporte público ou privado,
E paran a sentir algo
Que non sexa
Un parafuso
Nas mans desparafusadas,
Magoadas.
Traballadores reproducindo nos seus fillos
O estrago sistemático que produce o trato cotián
Co metal,
Cos fornos,
Coas minas
Ou co mar
Ou, simplemente,
Co ensino obrigatorio privado ou estatal
Arma química letal
Corruptora de mentes indocumentadas e inexpertas.
Ei, mestre!
Non nos cómpre a túa información,
Non nos tolees coas túas ecuacións
Ei, mestre!
Ábrenos as portas da prisión
Fainos ceibes fóra das escolas,
Dános a solución a esta civilización
De traballo forzado
E lecer manipulado.
Ei, mestre!
Só es un lastro no chan
Un tixolo no muro
Unha peza do puzle arrepiante
Que non acha o seu lugar adecuado.
Ei, mestre!
De todos nós
Ti es o máis indicado
Para aprendernos a derrubar este paredón
De dicionarios enlatados
Que ENLOITAN,ENLATAN E ENTALAN a nosa mente.
Non nos bombardees con cuestións
Que non levan a ningures
Alén dunha avaliación.
Non nos crebes a voz
Aínda láctea
Non nos enrugues a existencia
Coa túa ladaíña de baladas de badaladas mecánicas
Tocan os sinos os sinais da demolición
O muro, inexpugnable, cae.
Milleiros de rostros
Gravan nas ruínas
A súa carauta,
Rúnica sarcástica.
Detrás do muro aparece
Unha chaira
Arrasada
De construcións multicopiadas
Cemento a queimarroupa
Aceiro a discreción
Ei, mestre
Que estás a facer de nós?
Os obreiros do mundo, feitos magas,
Senten as súas vidas,
Cando baixan do transporte público ou privado,
E paran a sentir algo
Que non sexa
Un parafuso
Nas mans desparafusadas,
Magoadas.
Traballadores reproducindo nos seus fillos
O estrago sistemático que produce o trato cotián
Co metal,
Cos fornos,
Coas minas
Ou co mar
Ou, simplemente,
Co ensino obrigatorio privado ou estatal
Arma química letal
Corruptora de mentes indocumentadas e inexpertas.
Ei, mestre!
Non nos cómpre a túa información,
Non nos tolees coas túas ecuacións
Ei, mestre!
Ábrenos as portas da prisión
Fainos ceibes fóra das escolas,
Dános a solución a esta civilización
De traballo forzado
E lecer manipulado.
Ei, mestre!
Só es un lastro no chan
Un tixolo no muro
Unha peza do puzle arrepiante
Que non acha o seu lugar adecuado.
Ei, mestre!
De todos nós
Ti es o máis indicado
Para aprendernos a derrubar este paredón
De dicionarios enlatados
Que ENLOITAN,ENLATAN E ENTALAN a nosa mente.
Non nos bombardees con cuestións
Que non levan a ningures
Alén dunha avaliación.
Non nos crebes a voz
Aínda láctea
Non nos enrugues a existencia
Coa túa ladaíña de baladas de badaladas mecánicas
Tocan os sinos os sinais da demolición
O muro, inexpugnable, cae.
Milleiros de rostros
Gravan nas ruínas
A súa carauta,
Rúnica sarcástica.
Detrás do muro aparece
Unha chaira
Arrasada
De construcións multicopiadas
Cemento a queimarroupa
Aceiro a discreción
Ei, mestre
Que estás a facer de nós?
Aurora da Silva
Ningún comentario:
Publicar un comentario