26/12/12

ALLEN GINSBERG: Blues da impunidade virtual







BLUES DA IMPUNIDADE VIRTUAL


Con impunidade virtual Clinton conseguiu fondos para a súa campaña dos chineses rosas

Con impunidade virtual os peóns da Contra CIA venderon Cocaína e enfermidade en L-A. e Minneapolis

Con impunidade virtual o FBI incendiou Waco apocalíptico

Con impunidade virtual o goberno empezou a aplicar matrículas abusivas nos colexios públicos

Con impunidade virtual  a FCC e o Congreso deron o seu OK á censura fundamentalista na Radio

Con impunidade virtual  os Valores da Familia insultaron as damas, os gays e os afroamericanos

Con impunidade virtual  o Papa prohibiu no planeta o control da natalidade

Con impunidade virtual  Carolina do Norte prohibiu a sodomía no furado equivocado

Con impunidade virtual os chineses prohibiron a nova linguaxe eléctrica

Con impunidade virtual  os capos da lotería albanesa mercaron e venderon eleccións


ALLAN GINSBERG: Morte e fama, 1999 ( publicación póstuma de poemas escritos do 1993-1997)