24/06/11

A VOZ






Dende moi fondo vén a voz
e soergue moi alto as nubes mortais
cálida
tinxida estrañamente de enxofre azul uraniano

na malva e no cobre da sombra
terrible é o canto
cara á estatua revelada
agochada suave a brétema
con dedos de cicuta
para acariñar as túas pálpebras
ocas e lisas as formas enfeitizadas da auga

Voz
psique de herba
amarelle branco na cabeleira da noite.


YVES BATTISTINI (Bélxica,1922) Texto inédito , recollido na antoloxía de poesía surrealista de Aldo Pellegrini.





Ningún comentario: