10/10/12

INTERLUDIO BRUNÍLDICO / GAMAIEL CHURATA






XII

E finalmente o baleiro



Trementes de rechouchíos
veñen os pichitankas...
Moi a modo penduran
no Kaniwual desbordado de beixos ...

Son os cantores da solaina!

Cando escachan o ar a trono
hai lóstregos de luz nas súas ás
cada quen vén de moi lonxe...
De podermos apreixalos
dirían, calarían, o moito que de nós saben.
Son un rechouchío continuo
e un fiíño de auga de sempre!
Todos son bos. O canto edúcaos:
e se ao canto se unen as ás
dicímoslles pichitanka...




Moi de mañá abeiráronse á miña alma!
A miña alma que está a oír uns pasiños no patio
e uns phusiris que parten a bombo as miñas montañas,
chegaron en bandada
e cada quen trouxo un airiño de moi lonxe
e cada quen ceifou a més da miña distancia.
Andan a ir e vir
Saen e entran
da miña alma...
E da cada volta, faeneiros, traen unha doce alegría
e marchan vasoirando certa saudade


GAMAIEL CHURATA, 1931

versión orixinal AQUÍ






Ningún comentario: