29/01/12

Planas - Testemuño dun etnocidio




Información e vídeo in Naranjas de Hiroshima


A LINGUA É COMPAÑEIRA E INSTRUMENTO DO IMPERIO (título meu)




O Paraguai fala guaraní. Un caso único na historia universal: a lingua dos indios, lingua dos vencidos, é o idioma nacional unánime (1). E sen embargo, a maioría dos paraguaios opina, segundo os inquéritos, que os que non entenden español son comao animais.

De cada dous peruanos, un é indio, e a Constitución de Perú di que o quechua é un idioma tan oficial coma o español. A Constitución dío, mais a realidade non o oe. O Perú trata os indios como äfrica do Sur trata os negros. O español é o único idioma que se ensina nas escolas e o único que entenden os xuíces e os políticos e os funcionarios. ( O español non é o único idioma da televisión, porque a TV tamén fala inglés).

Hai cinco anos, os funcionarios do Rexistro Civil das Persoas na cidade de Buenos Aires negáronse a inscribir o nacemento dun neno. Os pais, indíxenas da provincia de Jujuy, querían que o seu fillo se chamase Qori Wamancha, un nome da súa lingua. O Rexistro arxentino non o aceptou por ser nome estranxeiro(2).

Os indios das Américas viven exiliados na súa propia terra. A linguaxe non é un sinal de identidade, senón unha marca de maldición. Non os distingue: delátaos. Cando un indio renuncia á súa lingua, empeza a se civilizar. Empeza a se civilizar ou empeza a se suicidar?(3)

EDUARDO GALEANO

(1) Con esta expresión Galeano quere referirse ao feito de que é unha lingua  maioriataria, fálase e é entendida  pola  maioría da poboación. Sen embargo está minorizada, desprezada polo poder.

(2) Se non fose literalmente patético, o dato é case cómico. Igual nos pasaba en Galiza non hai moito tempo, cando falabamos galego, na escola recriminábannos e dicíannos que falasemos ben, ou sexa, castellano. Que eramos antes que nada españois e tiñamos que falar a lingua de España. Que é o mesmo que dicirlle a un cabalo que se comporte como un animal antes que como un cabalo, ou non?

(3) Cando un indio renuncia á súa fala para malfalar o idioma do conquistador suicídase tras un proceso de megaimbecivilazación!


2 comentarios:

orola dixo...

E o máis requintado do asunto é que a lingua só é un elemento exponencial do groso da dominación: roubo, usurpación e expolio da Terra para seguir mantendo a voracidade capitalista. E aquí estamos nós, os peóns do xogo, os fieles consumidores, acudindo puntuais á cita co supermercado, entre revolución e revolución, para que nada substancialmente cambie. Tiña razón Díaz Pardo, segue téndoa: pasaremos á historia como a civilización do lixo.

poesiapopi dixo...

Lixo en dimensións xigantescas. Onte pasei por diante da empacadora de Teis, alí compáctase lixo de toda a área metroplitana. O lugar é macabro, domina a cor negra sucia da contaminación que deixa a abominación. A entrada é un gran boquete negro, as portas do inferno consumista. Contra a instalación dese monstro que metaboliza a 1ª fase do lixo loitouse en Teis a diario,durante un ano. Non serviu de nada, os primeiros en negociar foron os representantes dos veciños afectados. Coma sempre, a inteligentzia sabe sempre como sacar partido dos problemas.
Longa vida a Teis!