Penedos de Monte Louro
PIERRE A PIERRE
Pierre à pierre et pied à pied
Et coeur à coeur et tête à tête
Les beaux jours sont passés
Fil à fil et feuille a feuille
Et un à un et seul à seul
Les jours sont beaux et ne passent pas
Grain à grain corps à corps
Et côte à côte et main à main
Bien malin qui gagnera la bataille
Pierre a grain et sule à un
Et main à coeur et tête à coeur
L'amour est vaste comme le monde
ROBERT DESNOS: Destinée Arbitraire
PEDRA A PEDRA
Pedra a pedra e pé a pé
E corazón a corazón e testa a testa
Os mellores días son pasados
Fío a fío e folla a folla
E un a un e único a único
Os días son fermosos e non pasan
Gran a gran corpo a corpo
Costa a costa e man a man
Ben arteiro quen gañar a batalla
Pedra a gran e único a un
E man a corazón e testa a corazón
O amor é vasto coma o mundo.
CABODANO PRESTIXIOSO: tal día coma hoxe, hai nove anos que a costa galega se converteu na Gran Mancha sen Quijote da Península Ibérica coa inestimable colaboración por ausencia das autoridades imcompetentes. Agora que disque toca votar, sería estupendo facer un bo revobinado para mandar a toda a clase política a limpar a boca e o cú de tanto discurso inútil. Aproveitamos para lembrar que as balsas onde se xuntou o chapapote apañado das praias con todo tipo de refugallos, moreas de luvas, canastos, redes, botas de auga, mascariñas, roupa, colectores, escumadeiras xigantes, pas,etz, etz están aínda como quedaron e non parece que se dese con ningunha idea feliz para xestionalas. Na Nasa tamén lembran con ironía o triste evento, podedes velo AQUÍ.
Fonte: El País
Ningún comentario:
Publicar un comentario