07/10/11

Subxectividade do tempo - Voz de Julio Cortazar

6 comentarios:

seara dixo...

presente, pasado, futuro, condicional...que manía de ubicarnos en calquera lugar menos aquí, en calquera momento menos neste...que manía! Só os nenos saben vivir cada instante como único, supoño que esa é unha marca inconfundible do paraíso.

poesiapopi dixo...

Si, nunha lingua paradisíaca non debe haber máis que o presente. O de indicativo para marcar o que é e o que hai, e o de subxuntivo para marcar o desexo.

lacabanha dixo...

prende o movil!!!

angola dixo...

Xa teño o móbil, con b, operativo,ezln: chama cando queiras, bala!

angola dixo...

Agora que o dis, Popi, teño na bodega do barco un texto gran reserva sobre as diferentes concepcións que o ser humano veu facendo do paraíso, analisadas pola ollada despiadada de Onfrai, remexeremos ata dar con el, o tempo está para iso!

angola dixo...

Querida Sara, nada ten máis prestacións que o aquí e o agora. Esa é a mensaxe subliminal de toda peza de jazz, de todo repentista e de todo bo regueifeiro. O valor incalculable de cada momento en mutación. Por iso cómpre ser creativos, para conseguir que algúns polo menos se volvan memorables.