31/10/11
EUROESCORIA NEWS
España lidera o ranquin europeo
de sexo de pago, ou sexa,
é a capital europea do putiferio.
Despois de Tailandia,
é o lugar do mundo onde hai máis usuarios
do sexo mercadoría.
O perfil dos señores
consumidores de sexo de granxa
parece ser o seguinte:
varón domado
de entre 30 e 50 anos
con predilección por carne feminina
de escasa altura
e aspecto infantil
tipo oriental
( o de Tailandia non é unha broma)
Chama poderosamente a miña atención
o feito de que o xornalismo alternativo
non se faga eco de tan substanciosa noticia.
A indignación debe ter afectos autistas
e afrodisíacos
no territorio da fritanga,
ese gran campo de nabos
dos herdeiros do franquismo
deficientemente metabolizado.
A modo de epílogo
observo que as que sempre se chamaron putas
pasaron a ser denominadas prostitutas
para acabar sendo
traballadoras do sexo
ja!
eu só vexo
explotación sexual da muller
e o país convertido
nun puticlú xigantesco.
Si, na 2ª lingua máis falada do mundo.
Outro estraño honor
noxentamente asociado
á dominación.
Pois nada, a disfrutar dos trofeos!
http://chartsbin.com/view/snb#.Tq6oBgVZ5z8.blogger : mapa mundial da prostitución
caixadepandora
O Vaticano e a pornografía
Machus hispánicus
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Estou pensando, Angola, teño ese noxento costume, que o dos trofeos é rarísimo. Por que teñen case sempre forma fálica?
Anda! pois agora que o dis...tes razón! Mira ti por onde! deixa, deixa que teñan. Ás veces as palabras voan soas con campos gravitatorios imprevistos. Iso está ben.
Como vai todo na periferia do puticlú do mundo mundial, camaradas?
Pois aquí estamos, Popi, coa capacidade de asombro intacta e cunhas ganas loucas de seguir fanando caimáns.
Unha aperta funeraria de crisantemos grises para todos os sobrevivintes ao samaín cada ano máis comercial. Gustaríame quedar para tomar algo no purgatorio, pero xa non hai. Así que seguiremos véndonos no inferniño!
Xa sei por que, Orola, os trofeos adoitan ter formas fálicas: porque case sempre está amañado que sexan para eles! Ben, nalgúns casos gáñanos elas sempre e cando non fagan alarde de demasiados atributos que non lles corresponden por razón de sexo, en fin. Un mundo de ben todo,. non é?
E non será que o ilumuninado que tivo a idea de inventalos ( os trofeos) fixo unha asociación automática co falo como prototipo de recompensa? ui, ui, ui...mundo cane!
Publicar un comentario