25/09/11

MEDICACIÓN PARA PESIMISTAS / F. NIETZSCHE

Quéixaste de que nada che presta?
Amólante, meu amigo, aínda os vellos mosquitos?
Síntote renegar, que montas balbordo, que cospes...
Veña, home. Libremente decídete
a engulir un groso sapiño
sen pensalo e sen miralo







mundo ao revés


caixadepandora: PERIGO!!!!!!!!

La caverna: Disturbia


Iso axudará a túa dispepsia!  

F. NIETZSCHE: Cancións do príncipe,
Poemas en torno ao gai saber  








                                 

7 comentarios:

poesiapopi dixo...

Esa dispepsia non vos lembra sospeitosamente a "pepsi"?

angola dixo...

mesmo parece que foron directamente a un dicionario de xerga médica para dar co sucedáneo á española. Bo achado, Popi.

orola dixo...

Tamén volo digo! O que eu desconecía é que Nietsche escribise poesía, nin pola cabeza me pasara. Un pensador!

Anónimo dixo...

Ademáis de filósofo e poeta era filólogo e músico. Un auténtico superhome capaz de sorprendernos coa súa visión das inmensas capacidades do ser humano cando rexeita a óptica do escravo.

seara dixo...

http://www.nietzscheana.com.ar/

Páxina Web exclusivamente adicada a divulgar o pensamento de Nietzshe en castelán. Hai fragmentos en que a fronteira entre o filosófico e o poético queda totalmente abolida. Paga moito a pena.

seara dixo...

http://www.antorcha.net/biblioteca_virtual/literatura/poesias_nietzsche/nietzsche.html#Indice

Recopilación de poesía de Nietzsche traducida a unha lingua cristiá. Benditos sexan os e as tradutoras

poesiapopi dixo...

Non tendes nin idea do que me tranquiliza esta entrada. Estaba empezando a nacerme un estraño complexo de non sei moi ben o que relativo a piolla mental. Cousas miñas. Se queredes podo tentar explicárvola, pero non creo que mereza a pena. A posibilidade aberta pola filosofía poética ou pola poesía filosófica fai desaparecer toda sombra de frustración. Un bicaso. Grazas, Sara, polos enlaces.