24/09/11

PAISAXE FEBRIL

PAISAXE FEBRIL
( Dende o ventre dun gran de area)


Unha ponte de augas vivas sobre a alameda da túa voz
O teu vestido de caravanas nos desertos perdidos
Os rexos costumes dos nativos africanos
Os ollos atónitos coma morcegos diúrnos


As palmeiras dos teus cabelos
Sucando o vento
A area
Cada unha das túas palabras é un oasis promiscuo
Cada un dos teus xestos é un camelo de corcovas cómodas e amplas
O teu corpo con benevolencia de alfombra máxica
Os teus peitos de noites
De mamilas de sangue incendiadas por un beixo
A simple figura de ósos de búfalo esparexidos na calor
A fosforescencia dos teus refugallos
A fosilización do teu sorriso
As vértebras do teu canto
Un camiño de pegadas sinuosas nos pasadizos da aurora.


RICARDO ROBOTNIK: Unha tempada en Tenerife
Membro do grupo surrealista arxentino, Signo Ascendente. 




Detalle
GAUDÍ





1 comentario:

poesiapopi dixo...

Este señor, Ricardo Robotnik, imposible dar con el na rede. Textos coma esta paisaxe sonora dan renda solta á expresión e libérana dos dictames da lóxica "política" de dominación. O contido é a expresión, non se trafica con ningunha idea. Non vende nada. É unha explosión de imaxes en liberdade.