REUNIÓN NA ÓPERA
Non me gusta nada ir en Metro.
Non podo ler as miñas stations.
Que divertido! Sei escribir o meu nome. Sei ler o meu nome.
Sei facer as miñas letras. Todas as do alfabeto.
Pero non chego a reunilas.
Por moito que as pronuncie, non sae nunca unha Palabra.
Eh ben, o outro día, estaba no Metro.
Tentei ler as miñas stations.
E de repente- non podía crer o que vían os meus ollos-
as miñas letras xuntáronse e daba- sabedes que?
OPERA
BRASSAÏ: Paroles en l'air, edicións Jean-Claude Simoen, París, 1977.
Nacido en Brasso, Transilvania, o 9 do 9 do 1899, é fotógrafo da noite, escultor, ensaísta e poeta moi peculiar. Especializado en levar a lingua oral á escritura: Palabras no ar.
ENLACES QUE SEGURO NON TEÑEN MOITO QUE VER
sementando o terror na nasa
obra fotográfica de Brassaï
1 comentario:
Non me gusta especialmente a ópera. Sen embargo, teño especial afecto a esta peza singularmente breve e intensa na voz de María Callas(realmente é grazas a ela que estimo en algo o xénero). Oína por primeira vez na película "Unha habitación con vistas", despois fixeron un anuncio tv con ela, pero non conseguiu facela odiosa, a pesar de que era nadal e repetírona nos altofalantes da granxa ata o aborrecemento.
A película é dun tal Ivory, inglés, e tivo a rara habilidade de transformar algo mediocre nunha obra de cine que nunca me cansa ver. Está baseada nunha noveliña feúcha de corte victoriano con personaxes extraídos da alta sociedade inglesa. Bastante ridículos case todos.
Do transilvano Brassai, que podo dicir? que escribiu algúns dos poemiñas máis rariños que caeron nas miñas mans. Que lle gustaba moito a nocturnidade e que tiña un humor endiañado. Este libriño entrou na miña vida hai moitos anos , era case unha cría, de pura chiripa.
Entón, parece que nesta entrada hai unha estraña reunión de rarezas que se xuntaron vaia saber deus por que. Ben, en todo caso prefiro as rarezas fortuitas aos monstros deliberados sen obxectivo ningún.
Publicar un comentario