03/09/11

DE QUE?



Val del Omar : Desbordamento. Colaxe


ASSIM DEVERA EU SER: Formiga bossa nova


nada é para sempre
e sempre hai unha 
permanente ameaza de nada
axexando
para
engulirnos

a eternidade palmouna

por fin puidemos liberala

semella que todo queda en mans
cronometradas
coroadas de reloxos relativos
mal sincronizados

uf! menos mal!

18 comentarios:

orola dixo...

a eternidade palmouna? e como? pois vaia faena!

angola dixo...

Si, miña homa, si. E xa alcatrea. E nós sen enteirarnos. Así que aproveita o que che quede, que isto acaba, non sabemos se ben ou mal ou regulín, regulán, pero que acaba é seguro. Así que a disfrutalo!

orola dixo...

Así que os condenados para toda a eternidade quedan liberados, non?

angola dixo...

Liberadísimos en nome do noso señor!

orola dixo...

En nome do noso señor? E ese quen é, o paxariño mandón? Uf! creo que acabamos de amolarlle o argumento máis requintado da quincallería post-mortem. Sen limbo, sen eternidade, miña nai! onde imos chegar?

Anónimo dixo...

Ao paraíso na Terra se os ananos nos deixan libres os camiños da invención sen lindes.

poesiapopi dixo...

Os ananos? Pero aínda non se disiparon?

orola dixo...

Pois non, máis ben parece que se multiplicaron grazas ás novas tecnoloxías. Debe ser un dos efectos dos raios gama sobre as margaridas: unha mínima exposición e locen esplendorosas. Unha exposición descontrolada e xa todo son mutacións imprevisibles. Así que axustade ben as escafandras. Percibo fortes radiacións!

poesiapopi dixo...

ai! a min iso dáme medo!

angola dixo...

Menos cachondeo que isto é serio, eh!
Afortunadamente para todas as linguas minorizadas do mundo, as novas tecnoloxías abren posibilidades infinitas de embarazos múltiples e de desembarazo total, así que non me parece prudente despotricar contra o que nos está dando chanse neste momento histórico que ben podía ser de máis gloria etc.

Anónimo dixo...

pim, pam, pummm....lume de biqueira!

seara dixo...

Celebramos algo fóra do habitual?

Anónimo dixo...

Si, que por fin apareces! Non foi sen tempo.

orola dixo...

Benvida, Sara. Creo que es a tripulante máis veterana desta embarcación e aínda andabas sen papeis pola popa. Sube á ponte de mando, temos moito que argallar.

seara dixo...

Grazas pola calorosa benvida, camaradas.
Nos guións ciberimaxinarios o primeiro e único que importa é un nome con rexistro na comandancia e eu tardo un ano en enteirarme! e ando por aí navegando sen fol, nin rol nin farrapos de gaitas. Sempre exposta ás abordaxes corsarias. Despistada e papaostias por xunto todo son paus.
Vou para alá.

Anónimo dixo...

Ben, recuperaremos o tempo perdido, a saúde e o humor.

Longa vida ao Rosanegra e a toda a súa tripulación!
Xa poden empezar a tremer os satélites de Venus e os bufóns de Neptuno co seu exército de ananos que copian nos exames de refilón.
Todo texto carente de orixinalidade vital será pasado pola quilla e botado aos tiburóns.
Toda copia do pasado será debidamente salgada para a súa posterior degustación.
Aquí só queremos peixe fresco do día e pola borda as latas de conserva e os feixóns.
Compañeiros, hoxe abrimos o bocoiciño de ron!

seara dixo...

150.000.000 por VLADIMIR MAIAKOVSKI
in

http://gatopistola.blogspot.com/2011/03/150000000-por-vladimir-maiakovski.html

poesiapopi dixo...

uuupalas!