01/09/11

GREGORY CORSO: O feliz aniversario da morte




Val del Omar
Desbordamento, colaxe


TODA A VIDA É UN CLUBE ROTARIO

O coiro de hoxe é mostra da pel interior
A pel interior é vaidade a vaidade é a falta de amor
a vaidade é outra morte
Pensar é vaidade vivir unha horrenda vaidade
E aínda así a veloz chispa do home presenta respetos ao home

Todo home é UN neste triste
inharmónico estraño canellón sen saída


O home no bosque lonxe do home
A follaxe xace baixa verdegozo fascinante como unha nube
chega ata o mediodía e extende un negro coro
O soño baixa dun céo de taboleiro de xadrez e dirixe
 o oratorio que sen dúbida espirá o amor do home unha
bóla de serpes

Todo home é UN neste triste
inharmónico estraño canellón sen saída


Camiñei cun home   Atravesaba rúas como
unha pantera
Non parecián importarlle as panaderías  Tiña unha linda casa
pero non me convidou a entrar
Agochei no seu soto ateigado de libros rillados polas
ratas
e á luz do forno lin sobre as criaturas procurando unha verdade

Todo home é UN neste triste
inharmónico estraño canellón sen saída


Escoitei un humano dicir a un humano sé humano
A miña imaxinación fixo cábalas a cerca do monstro que hai en min
aquilo que no home hai que non é humano
O crebacabezas a inmolación premeditada
Cada ser autocontido enzafirado.

GREGORY CORSO: O feliz aniversario da morte, 1960


sicocartografías: LUZ ROTA

Ningún comentario: