Disque son un gran poeta
e dáme o sono pola tarde
sei que a morte é un touro xigantesco
disposto a truparme
e dáme o sono pola tarde
sei que hai guerras e homes que pelexan no cuadrilátero,
sei que hai boa comida, bos viños, boas mulleres
e dáme o sono pola tarde
sei que hai unha muller que me ama
e a min dáme o sono pola tarde
debrúzome ao sol tras unha cortina amarela
e pregúntome onde marcharían as moscas do verán
lembro a morte sanguenta de Hemingway
e dáme o sono pola tarde.
algún día deixará de darme sono pola tarde
algún día escribirei un poema que prenderá volcáns
nos outeiros de aí fóra
pero agora mesmo dáme o sono pola tarde
e alguén pregunta "Bukowski, que hora é?"
e eu contesto "3horas,16minutos e 30segundos".
síntome moi culpable, síntome noxento, inútil,
demente, dáme o sono
polas tardes,
están bombardeando igrexas, ben, iso está ben,
os nenos montan a cabaliño nos parques, iso está ben,
as bibliotecas están cheas de milleiros de libros sabios,
hai música grandiosa pechada dentro da radio
e a min dáme sono pola tarde,
teño unha tumba dentro de min dicindo,
bah, deixa que o fagan os demáis, déixalles que gañen,
déixame durmir,
o enxeño está ás escuras
varrendo a escuridade coma unha vasoira,
marcho onda as moscas do verán
tentade trincarme
BUKOWSKI: 20 poemas, Grijalbo Mondadori, Madrid, 1998
o autor en posición fecal construíndo un artefacto sen futuro |
pupurri da lei sinde na nasa
6 comentarios:
Non se diga que este home non desbordaba entusiasmo pola sesta!
que carencia de entusiasmo! que pestilencia!
que disco raiado, digo eu.
non vedes as emanacións desprazándose en ese?
poesía etílica desprazándose polo medio e medio do gran sumidoiro do século XX. Nin un gramo de amor por ninguén, nin por el mesmo.
"... estiven a un paso do paraíso
.... estiven a un piso do parnaso
.... a sorte quixo que a historia
non me fixer nin caso..."
copliña de Caetano Veloso que manda Orola irritadísima porque non sabe que carallo pasa que non pode entrar directamente máis que no caderno de Hipocriman.
Paciencia, Orola. Tentarei habilitarte no meu.
A copliña mola, hai que oíla a ritmo de samba, non ten desperdicio. Oína por primeira vez na radio, je,je, e quedoume pegada, é boísima.
Si, é o que quere transmitir B., esa renuncia á parafernalia e ao bombo. Se algo valioso ten é que abriu a poesía a calquera, ofertando algo semellante a pensamentos sen domar. Pero iso non é crible, todo o que se traduce en linguaxe está domado dalgunha maneira e o do fluído mental é só unha ilusión aparente.
Publicar un comentario