29/09/12

un caimán no ascensor



o tipo entrou na planta baixa
dicindo: primeiro eu
a medida que a máquina se desprazaba 
engadía: despois para min
pregunteille que pasaba co resto
e dixo:  o resto é meu
quedei  un momento ollando para el
cunha pregunta clarísima latexando no ar acondicionado de último andar
e ti quen es?
desviou os ollos cara o panel de control
e no silencio do asubío mecánico que baixaba 
escoitouse sen palabras:
ninguén

Ningún comentario: