28/05/11

A BELEZA / Charles Baudelaire

Escultura en mármore negro
de
Inaki Saralegui



A BELEZA

Eu son bela, oh mortais! tal soño de pedra
e o meu seo, onde todos morren de dor,
feito é para inspirar no poeta un amor
inmortal e mudo como a materia.

Goberno no azul, esfinxe misteriosa,
cor de neve unido á brancura dos cisnes;
odio o movemento que as liñas corrixe,
nunca estou triste e tampouco ditosa.

Os poetas ante estas miñas actitudes,
que eu son quen de imprimir ás obra máis feras,
queiman os seus días en similitudes;

teño para atrapar dóciles amantes,
espellos puros que fan as cousas belas:
os ollos gazos a brillar lampexantes

Baudelaire: Les fleurs du mal




Adaptación audiovisual 


Leo Ferre canta Baudelaire


Antídoto contra posibles efectos secundarios do sonetiño: Golpes bajos, moi baixos