02/08/11

LINGUA MATERNA versus IMPERIALISMO LINGÜÍSTICO




Agradecementos a Gatopistola por establecer contacto con esta marabillosa banda




No ámbito do sol moribundo: relato audiovisual sen palabras sobre a morte do sol.



Fábula oriental: os cabalos do coñecemento son políglotas e como tales entenden idiomas. Alén diso saben desprazarse por todos os seus rexistros . O tigre da sabedoría capacítaos para escoller o máis adecuado en cada momento, independentemente das presións e do contexto dominante, mesmo ás veces independentemente do interlocutor, sobre todo se o interlocutor sofre de ovellismo.


E o can? Ah! caramba, esquecíao de novo. Continúa fiel . Pero está empezando a fartarse de que sempre me esqueza del. 





Todas as linguas están mortas
Mortas en mans do veciño tráxico
Hai que resucitar as linguas
Con sonoros risos
Con vagóns de gargalladas
Con cortacircuitos nas frases
E cataclismos na gramática
Érguete e anda
Estarrica as pernas anquilose salta
Lumes de risa para a linguaxe tremelicando de frío
Ximnasia astral para as linguas tolleitas
Érguete e anda
Vive vive coma un balón de fúbol
Estala na boca de diamantes motocicleta
En ebriedade dos seus vagalumes
Vertixe si da súa liberación
Unha bela loucura na vida da palabra
Unha bela loucura na zona da linguaxe
Aventura forrada de desdéns tanxibles
Aventura da lingua entre dous naufraxios
Catástrofe preciosa nos raís do verso


Vicente Huidobro

32 comentarios:

Anónimo dixo...

Macanudo o vídeo. Boteilles un vistazo a outros do mesmo grupo e pagan ben a pena. A oferta sonora é variadísima , recalan na investigación musical de vellos instrumentos e anotacións musicais de Idade Media. Un achado.

angola dixo...

Si, eu tamén estou sorprendida. Deixo un enlace a ÁMBITO DO SOL MORIBUNDO, unha narración audiovisual sen discurso lingüístico chea de suxestións e significados. Case diría que raia no siconírico. Case nin teño palabras.

Anónimo dixo...

Chámase lingua materna ao idioma co que unha persoa aprende a falar, dende a maís tenra infancia. Materna, porque na sociedade tradicional (pre-tv)os nenos aprendían a falar coa nai, nun ámbito feminino, na casa. A muller era a principal transmisora do idioma: cantos, contos, xogos, adiviñas...
Hoxe en día non ten moito sentido o termo, o neno é colocado diante dun televisor para que se entreteña e o idioma que aprende está tamizado polas pautas do mercado. Tanto ten a canle que se lle sintonice, a mensaxe vén sendo practicamente a mesma; o código que oe está reducido a clichés.

angola dixo...

Si, a neolingua tontaina dos tópicos destinados ao consumo. Visto así, tiña razón Huidobro: "todas as linguas están mortas" e para resucitalas cómpre sometelas a altísimas presións.

Ti dis que a muller é na Historia a gran transmisora da linguaxe, pero creo que é moito máis; é a gran transmisora da cultura a pesar de estaren ambas secuestradas polos homes. Ben, quero dicir pola óptica dos homes.

Anónimo dixo...

A Historia é a que contan os medios de produción en mans dos homes, queres dicir?

angola dixo...

Si, exactamente. Sempre salvando honrosísimas excepcións.

angola dixo...

Pois si, a lingua materna é a lingua nai. E cando a un neno se lle obriga a rexeitala e a odiala estáselle infrinxindo o maior acto de violencia síquica e espiritual que poida asumir un ser humano, porque esa eiva só pode xerar odio por si mismo e por todas as súas referencias inmediatas.

Non hai sociedades bilingües. O bilingüismo e o poliglotismo son privilexios individuais. Socialmente falando onde funciona máis dun idioma, estamos falando de imperialismo por parte dunha lingua dominante e de represión dunha lingua ninguneada.
E dígoo porque me peta e me dá a gana y porque xa está ben de facernos crer que por opinar así somos uns batasunos resentidos metidos nunha reserva.
Galicia bilingüe é unha gran mentira e ningunha sociedade pode expresarse en dous idiomas simultaneamente porque sería unha sociedade aínda máis agilipollada da que temos.

Anónimo dixo...

Dálle que non mira! Si, a gran mentira do imperio: " ¿A donde vas con el gallego?" "Si no se habla en ningún lado"

Ben, hai un dato máis que curioso. O monolingüismo social, é dicir, sociedades, grupos humanos, entidades históricas, monolingües, que non se ven sometidas á presión doutros idiomas son exactamente as sociedades cuxos idiomas foron instrumento de dominación. Léase castellano, inglés, francés e portugués. Linguas "brancas" para o exterminio das culturas indíxenas.
E a nós tomáronnos por tal pero o tiro saiu totalmente pola culata porque se algo temos é unha capacidade innata para resistir. Levamos ese xen impreso como un petroglifo na alma.

angola dixo...

O do petroglifo xenético mola, meu. Apúntao por aí. Nunca tal oíra antes.
A factoría empeza a fumegar ben pronto esta mañá. Como sigamos así van acabar aterrizando por aquí autobuses de xubilados para que lles fagamos unha receita de resistencia. E nós simplemente recitarémonos a nós mesmos. Que che parece?

Anónimo dixo...

Que se cadra batemos cunha fórmula maxistral que non poderá monopolizar ningún laboratorio. Iso é o que me parece.

angola dixo...

Se cadra non cadra tanto e xa a temos!

Anónimo dixo...

Claro que a temos, e hai ben tempo. O que pasa é que non queriamos vela...o medo, sempre axexando.

Anónimo dixo...

Ben, pois unha vez aberta a cancela...todos son camiños inexplorados. Adiante!

angola dixo...

A todo isto hai que lembrar a nai de todas as culturas, a agricultura. Pois está máis que demostrado e argumentado que é un achado tamén feminino. E se non fose polas mulleres, recolectoras e observadoras, habíamos comer ostias.

Anónimo dixo...

Desas comemos abondas tamén. Pero si, é certo. Mentres eles se adicaban á loita e á caza, elas apañaban os froitos da terra e non tardaron en decatarse que podían fomentar e xestionar, non sen traballo, a produción de alimento. Debeulles custar bastante convencer os homes para que se fixesen labradores en vez de andar por aí pintando a mona coas lanzas.

angola dixo...

Ben, ese papel parece que nunca se reisistirán a abandonalo ou canto menos iso é o que se nos dá a entender. As pezas de caza mudaron pero a actividade seguirá vixente mentres haxa o concepto da vida como depredación

Anónimo dixo...

Si, e o peor é que a muller semella totalmente incorporada á función.

angola dixo...

Serrá normal isto que estamos facendo, tío?

Anónimo dixo...

o que?

angola dixo...

Esta parrafada descontrolada!

Anónimo dixo...

Non, é totalmente anormal, subnormal, hipernormal, hiponormal, meganormal, paranormal, sicoanormal, todo hipótese fóra da normalidade. Pero mola.

angola dixo...

Para que despois digan que non hai con quen falar!

Anónimo dixo...

Non haberá con quen pero de que hai de sobra. Non te preocupes. A probabilidade improbable diminuíndo de que alguén se decate é remota. Vémonos!

angola dixo...

A probabilidade improbable diminuíndo de que poidamos demostrar algo que debería saltar á vista é cada vez menor. Pero somos teimudos, impertinentes e malos de levar. Así que non deixaremos que nos ninguneen patafísicos raquíticos de cranio duro e lingua fráxil. E como os muros están todos por vir abaixo, continuaremos sementando as grechas para que nazan nelas o que poida sobrevivir á tanta memez sicoprogramada.

Anónimo dixo...

bo día. Patafísicos raquíticos de cranio duro? Aterrizou algún por aquí?

angola dixo...

Por aquí aterriza de todo. Lembra que somos destino internacional dende a máis remota antigüidade; dende a era do turismo megalítico polo menos.

Anónimo dixo...

A era do turismo megalítico, que tempos aqueles. Nin latín nin ostias. Entendiámonos perfectamente a golpe de xestos e non había nin a máis mínima posibilidade de comunicaci´pon en diferido. Aquí píllote e acabouse a tontería encriptada de mala maneira.

angola dixo...

Si, si. Nada de notiñas apócrifas nin seudónimos nin latiñas de dicionarios actualizados último modelo.
Ben, Hipocriman, creo que estamos batendo un récord. Hai que tentar petrificalo!

Anónimo dixo...

Asegúroche, Angola, que non teño nin idea de como se petrifica un récord.

angola dixo...

Pois eu ata este mesmísimo momento tampouco. Pero acábaseme de ocorrer que se cadra podemos quitarlle a gana a ningunha outra persoa de volver tentalo. Que che parece?

Anónimo dixo...

Peréceme ben. E iso como o facemos?

angola dixo...

Reducindo a cuestión ao máis puro absurdo. Ou sexa, o dedo índice parafusando a tempa dereita con convicción e que quede o xesto falando sen imaxes alusivas.

Estaría ben de fondo a risiña tola de Pink Floyd, pero non creo que queira.