17/07/11

O GARDIÁN DO XEO




O GARDIÁN DO XEO

E coincidimos nun terreiro
o xeladeiro coa súa carretiña avariada
e máis eu
que corría tralos paxaros fuxidos do lume
da zafra.
Tamén coincidiu o sol.
Nesa situación  como negarse a un cativo favor:
o xeladeiro pediume coidar o seu efémero xeo.

Oh coidar o fugaz baixo o sol...

O xeo empezou a derreterse
baixo a miña sombra, tan desesperada 
como inútil.
                                  Diluíndose
debuxaba seres esveltos e primordiais
que só un instante tiñan firmeza
de cristal de cuarzo
e enseguida eran formas puras
como de montaña ou planeta
que se devasta.

Non se pode amar o que tan rápido foxe.
Ama rápido, díxome o sol.
E así aprendín, no seu ardente e perverso reino,
a cumprir coa vida:
eu son o gardián do xeo.



JOSÉ WATANABE (Perú, 1946 - 2007) in Las ínsulas extrañas, Galaxia    Gutenberg, Barcelona, 2002


Ningún comentario: