ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS
RADIOGRAFÍA DA CIDADE
Na radiografía da cidade, no seu esquelete, están tamén as sombras
fuxidías dos seus habitantes, transparentados sobre o muro como presencias irreais. Sombras que se desprazan sobre o muro de pedra e logo desaparecen para deixar só un breve rastro, un ronsel, por riba da presencia pétrea.
A cidade é unha esvástica que devora os seus habitantes nunha espiral de enerxía centrífuga. Sepulta o seu tempo cunha grande mancha que se despraza en horizontal.
Liñas labirínticas e puntos discontínuos para o trazado dunha cidade anónima, unha cidade xenérica que converte os seus habitantes en sombras esvaídas, siluetas borrosas, mero tránsito.
ANTÓN PATIÑO: Xeometría líquida, Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 1993.
Mapa ingrávido 2003 |
¡TERRIBLE!: ¡Mandril ya tiene su propio macro balneario urbano!
2 comentarios:
brutal
si, é un enfoque duro para unha realidade cada vez máis inasumible. O espolio masivo da Terra.
Publicar un comentario