05/06/11

Xallas








neste mundo puñetero
e cheo de posiblidades
asombrosas
non hai 
peor cego
que o que non quere ver
peor mudo
que o que non quere falar
peor xordo
que o que non quere oír
peor analfabeto
que o que non quere entender
peor solitario
que o que renega de si mesmo e dos outros
por medo
e porque
iso 
ás veces fai chorar
e iso ás veces
doe
e iso é o sal da vida
e xa sabemos o que pasa co sal

abonda con administrar sabiamente as doses!

neste mundo enfermo
a saúde 
é un tesouro
o amor
é un milagro
o humor
o último que se perde


e o diñeiro
o cancro
que todo o envelena


tanto ten se o perdo todo
o meu imperio
é un instante
que xa
nunca
se me
perdeu


koidan que eros é sexo
errAN
EROS É ESTAR VENCELLADOS



(os vencellos só virtuais teñen un aquel pantasmagórico que mola mais molan máis os outros, eses que interveñen todos os sentidos posibles, sendo fundamentais os básicos que tododeus sabe de carreiriña e de diante pa tras)





caída libre do Xallas despois de décadas ominosas
todo un símbolo 
antes de toparse co atlas universal

fronte ao sol de xustiza

eu erixo
esta fervenza
imparable
como bandeira
dun xesto
irrepetible

(e se fose américa escollería calquera das súas grandes cachoeiras
onde dispersarme)