05/06/11

Xallas








neste mundo puñetero
e cheo de posiblidades
asombrosas
non hai 
peor cego
que o que non quere ver
peor mudo
que o que non quere falar
peor xordo
que o que non quere oír
peor analfabeto
que o que non quere entender
peor solitario
que o que renega de si mesmo e dos outros
por medo
e porque
iso 
ás veces fai chorar
e iso ás veces
doe
e iso é o sal da vida
e xa sabemos o que pasa co sal

abonda con administrar sabiamente as doses!

neste mundo enfermo
a saúde 
é un tesouro
o amor
é un milagro
o humor
o último que se perde


e o diñeiro
o cancro
que todo o envelena


tanto ten se o perdo todo
o meu imperio
é un instante
que xa
nunca
se me
perdeu


koidan que eros é sexo
errAN
EROS É ESTAR VENCELLADOS



(os vencellos só virtuais teñen un aquel pantasmagórico que mola mais molan máis os outros, eses que interveñen todos os sentidos posibles, sendo fundamentais os básicos que tododeus sabe de carreiriña e de diante pa tras)





caída libre do Xallas despois de décadas ominosas
todo un símbolo 
antes de toparse co atlas universal

fronte ao sol de xustiza

eu erixo
esta fervenza
imparable
como bandeira
dun xesto
irrepetible

(e se fose américa escollería calquera das súas grandes cachoeiras
onde dispersarme)

1 comentario:

angola dixo...

A fervenza do Xallas é un fenómeno natural insólito no continente europeo; o Xallas é o único río que se precipita en cachoeira pouco antes de morrer no mar( nin un quilómetro).A enerxía da caída espontánea da auga foi "aproveitada" por unha central eléctrica situada na base, encheron de tubos o percorrido do milagro e electrizaron o río por décadas. O goberno da súa ilustrísima, o señor Fraga, sempre foi moi afeccionado aos encoros artificiais e ás centrais eléctricas. Sabemos que a maior parte da enerxía eléctrica que se xera no noso país é exportada para alegría dos depredadores que negocian co asunto, e para miseria nosa que pagamos a electricidade como se a nosa terra fose un deserto.
Pois ben, nos últimos tempos conseguiuse que deixaran caer a auga libremente os domingos pola mañá para alegrar o turismo de verán. Iso provocou auténticas aglomeracións de zoolóxico na contorna do Ézaro, lugar do espectáculo. Afortunadamente, o circo pechou e dende hai uns días a auga baixa libre todo o día e todos os días, pero a central segue operativa.

A todo isto lembramos que o alto da montaña de Carnota está apuntalado de muíños de vento xigantescos que parecen bigudís ao vento na paisaxe.