02/04/11

BOMBA AN......ATÓMICA

DIGO VIET  NAM E BASTA

Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.

Digo lombriga e larva
de carne podrecida.

Digo nenos de napalm,
terror de noite e selva,
fedor de cidade e cloaca.

Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,
tremor de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.

Apenas digo nada.
Digo yanki invasor,
depredador de patrias.

Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
presidente, gadoupa, 
chuvia, amargura, baba.

Digo petróleo, ferro,
mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa.

Apenas digo nada.
Digo Viet Nam e xa está dito todo
cunha soa palabra.

Para abranguer a vergoña do mundo
digo Viet Nam e basta.

Celso Emilio Ferreiro: Viaxe ao país dos ananos, Barcelona, 1968

E eu engado:  Afganistán,  Irak,  Libia......antes dicía Hiroshima, agora digo ......nada.