24/12/11

fekich navidá / fekich navidá / próspero ano ratatatá


MAYBE LOGIC

VIDA E PENSAMENTOS DE ROBERT ANTON WILSON

PARTE I

1-TÚNELES DE REALIDADE

Todos vostedes abstraen unha realidade diferente.
Cando entras nun cuarto, abstraes a realidade que estás preparado para abstraer.
Ti captas os sinais que che interesan. O teu cerebro grávaos e organízaos.
Todos temos o noso propio túnel de realidade, e no noso túnel de realidade eliximos algunhas cousas  e ignoramos outras. Temos dez mil millóns de células no noso cerebro recibindo centos e centos de millóns de sinais todo o tempo. Só escollemos as que encaixan nas fendeduras establecidas anteriormente no noso cerebro. O túnel de realidade queda establecido por experiencias pasadas.
Todos temos o noso propio sistema de crenzas, e os sinais que se axustan ao noso sistema de crenzas , entran.
Os sinais que non se axustan ao noso sistema de crenzas son ignorados, ou se seguen volvendo, imos a un psiquiatra para que nos cure e os faga irse.

2-SINTONÍAS


3- MUTACIÓNS

Ben, para citar a Bucky Fuller, parezo ser un verbo. Non podo encontrar un RAW constante. Semella ser un proceso cambiante todo o tempo.
Certamente, non son o tipo que era aos 40. Certamente, non son o rapaz que fun na escola católica aos 7 ou 8 anos.
Empecei nun pequeño gueto católico irlandés en Brooklyn ou Long Island, non me lembro. E dalgunha maneira, viaxei dende Maui no Leste ata Berlín no Oeste, o que é a metade das zonas horarias do planeta. E sinto que, da mesma maneira que expandín a miña viaxe no espazo, tamén expandín a miña viaxe a través do mundo das ideas. Non podo crer que comezase coma un bo rapaz da escola católica.

Seguramente houbo bos momentos. Pero cando penso na miña infancia, só podo lembrar o asustado que estaba das monxas da escola á que ía, o sádicas que eran. Había moito misterio e ambigüidade respecto de todo. Tal vez é por iso que hai tanto diso nas miñas novelas.
Os adultos nunca lle daban unha resposta a un neno de nada. Todo eran mentiras, hipocresía, evasións. Eu sabía que pasaba algo que me estaban ocultando e iso asustábame. Non estaba moi seguro de que era. Pode relacionarse co Lobishome ou o monstro de Frankestein, eu non sabía que demo era. E non confiaba neles para nada. Nun momento dado, sobre os 7 ou 8 anos, admitiron que non existía Santa Claus. Apenas aínda recuperado do shock, o meu seguinte pensamento foi: “cando van admitir que non existe deus? Nunca o fixeron. Volvín crer en deus baixo as malleiras e os golpes das monxas, ata máis ou menos os 13 anos.

Era un neno obediente, todo o mundo está de acordo. Toda a xente que podo lembrar da miña nenez.
Comecei a rebelarme na miña adolescencia. Estoume rebelando máis cada ano. Lembro que sobre os 14 ou 15, outro non crente e máis eu, no Tecnolóxico de Brooklyn, discutimos cun estudante que aínda era católico. E el dixo: “Se ti realmente cres o que dis, terías a coraxe de pedirlle a deus que te fulminase agora mesmo para probar que el non existe?” Por un minuto, asusteime ata que o fixen e non pasou nada, e sentinme totalmente liberado: “Vai á merda, non estás aí despois de todo!” Ese foi un gran momento de liberación que case non lembraba ata agora. Foi un momento decisivo moi importante na miña vida.
Brindo polas monxiñas, por dicirme que libros non debía ler!

5. DISCORDIANISMO

Gafas, testículos, brandi, cigarros, todos vostedes son papas.
Todos vostedes son absolutamente infalibles.
Teño a autoridade de nomear a calquera un papa discordiano, porque son un papa discordiano.
A 1ª regra despois de te converteres nun papa discordiano é a de excomulgar a cada papa discordiano que se che poña diante. Isto baséase nun principio discordiano básico: “Nós, os discordianos, debemos permanecer enfrontados”.
Os discordianos non temos dogmas, que son crenzas absolutas. Temos CATMAS, que son metacrenzas relativas. E ….o catman discordiano central é, como antes dixen, que calquera afirmación:

é verdadeira nalgún sentido e falsa nalgún outro sentido

sen sentido nalgún sentido

verdadeira e falsa nalgún sentido

verdadeira e sen sentido nalgún sentido

falsa e sen sentido nalgún sentido

e verdadeira e falsa e sen sentido nalgún sentido

e se repites isto 666 veces, acadarás iluminación suprema nalgún sentido!

Na actualidade hai, aproximadamente, 12 millóns de papas discordianos. Orixinalmente, Malaclypse o Novo, o fundador do discordianismo, tiña tarxetas impresas e entregáballelas a todos os que se poñían diante, converténdoos en papas. E logo eu imprimín a tarxeta papal na Triloxía dos Illuminatus. Pero daquela eu estaba vivindo en Irlanda e o papa veu ao bar Phoenix. E anunciou, ese tipo que pensa que é o único papa, anunciou que os bispos podían dar indulxencias a través do TV. Iso era novidoso na doctrina católica. E veume unha idea: ben, se eles poden impartir indulxencias no TV, eu podo facer pontificacións. E así, en vez de distribuír tarxetas, cada vez que eu estiver na radio ou no TV, convertiría en papas a toda a audiencia. Eventualmente, convertiriamos en papa a cada home, muller e neno sobre o planeta.

A maioría das persoas toman a serio de máis a si mesmas, polo cal actúan de maneira malditamente idiota. Uso a palabra maldito principalmente polo efecto paradóxico.

Tamén son budista, daoísta e confuciano, así como tamén discordiano, subxenio e bruxo

Vou anunciar oficialmente que todos nesta sala son agora papas discordianos coma min.

Gafas, testículos. Brandi, cigarros.

Todos vostedes son absolutamente infalibles e non toleren parvadas de ninguén


Ben, son un papa ordenado na igrexa dos subxenios, o que significa que son absolutamente infalible, así que non te atrevas a contradicir nada do que eu che diga. No tocante á miña relación con Ivan Stang, nego todos os rumores.
Lembra, soamente es infalible respecto do teu propio sistema nervioso. Ti sabes o que ocorre no teu propio sistema nervioso, as realidades que estás creando a partir das infinitas bandadas do ser. No sabes nada da realidade de ninguén máis a non ser que che conten sobre ela. Tes que escoitar con moita atención e comprensión  para entenderes. Así que é unha infalibilidade limitada.

6. FÍSICA CUÁNTICA

Ela quere saber que é a física cuántica.
Que?
A física cuántica. Explícaa de maneira simple, pide ela.
Que explique a física cuántica de maneira simple? Ummmmm
Cando me mudei de Los Ángeles, mudei ao que coidei que era Santa Cruz. Sucedeu que roubaron algo do noso auto e chamamos á policía, e resultou que non viviamos en Santa Cruz, viviamos nunha cidade chamada Capitolia. A oficina de correos coidaba que viviamos en Santa Cruz mais a policía coidaba que viviamos en Capitolia. Empecei a investigar e un xornalista dun xornal local díxome que non viviamos nin en Santa Cruz nin en Capitolia, viviamos nunha zona non incorporada chamada Live Oak. Agora, a mecánica cuántica é iso excepto que no caso de Santa Cruz, Capitolia e Live Oak non andamos demasiado trabucados se lembramos que nós inventamos os límites dos mapas. Mais a física cuántica semella confusa porque moita xente cre que nós non inventamos os límites , por iso parece difícil entender como unha partícula pode estar en tres lugares ao mesmo tempo sen estar en ningures. Pero se tes en conta que inventamos todas as fronteiras e límites como o muro de Berlín, entón a física cuántica non ten máis misterio que o feito que eu viva en tres lugares ao mesmo tempo. Ningún chinés criado no I Ching viu nunca nada raro na física cuántica; soamente resulta estraña para a xente criada na lóxica aristotélica en que as cousas ou ben son A, ou non son A. No I Ching as cousas son A e non son A ao mesmo tempo.

7. TODO DEPENDE DOS APARELLOS

Coa mecánica cuántica podes probar experimentalmente que a luz está composta de partículas.
Podes construír unha teoría matemática enteira sobre como a luz  viaxa en pequenas partículas chamadas fotóns e podes facer experimentos, e os experimentos daranche un patrón que amosa que a luz viaxa como partículas.
Tamén temos elaborada toda unha teoría matemática que amosa que a luz viaxa como ondas e temos experimentos que che demostran que efectivamente a luz viaxa como ondas.

Como dixo un físico nos anos 20 “Semella que a maldita luz agarda como imos facer o experimento e logo decidise a forma en que vai viaxar”.
Srchördinger dixo: “ Desexaría non terme involucrado nunca con esta charlatanería cuántica de merda, ese maldito salto cuántico”.

A opinión modificada de Copenhague é que a luz non é nin ondas nin partículas ata que miramos e daquela axústase dependendo co que a esteamos mirando.
Un electrón non está en ningures ata que nos poñemos a buscalo e cando o atopamos, o electrón decide estar nun lugar mentres o observemos. Nada máis deixamos de mirar, o electrón está en todos lados outra vez.
Cada modelo que facemos infórmanos de como traballa a nosa mente tanto como nos informa sobre o Universo. Estes son só xogos simbólicos humanos. O Universo mesmo é máis grande que calquera dos nosos modelos.

De acordo co budismo Zen e coa maioría das formas de budismo e coa mecánica cuántica, calquera descrición do universo que te deixe fóra é inexacta, porque calquera descrición do Universo é unha descrición do instrumento que usas para facer a túa medición do Universo. E se o único instrumento que usas é o teu propio sistema nervioso, tes que incluír o teu propio sistema nervioso na túa descrición do Universo.

Daquela, ergo, calquera modelo que fagamos non describe o Universo, describe o que os nosos cerebros son quen de dicir nese momento.
Toda percepción, pois, é unha aposta.

Addenda da autora: .....E TODO O MUNDO SABE O QUE PASA COAS QUINIELAS...SEMPRE TOCAN.....PERO NON A NÓS.

Ningún comentario: