01/06/11

NON, NON E NON









amo o absurdo e detesto a estupidez






sempre e cando o absurdo non potencie a carencia de sentido que todo o domina no plano cotián. Do absurdo teñen que saír fórmulas que posibiliten o imposible para transformar calquera paredón de execución nun horizonte viable.


está moi ben renunciar á linguaxe devastada polo periodismo a soldo
e tamén está moi ben recuperar o poema fonético, como unha posibilidade de novas paisaxes sonoras


pero, a poesía sen palabras...xa non é poesía, aínda que sexa moi sedutora a fórmula da poesía visual. A palabra é materia prima, a linguaxe é canteira, o poeta é canteiro, escultor, músico, pintor, inventor que modela o inmaterial


podemos xogar á deconstrución, podemos facer ecos ou non, pero non podemos renunciar a utilizar o material que pretendemos manipular, aínda que ese material sexa un pau petrificado que a marea abandonou... necesita do noso punto de vista para ser encontrado e rescatado do areeiro


como deconstruír aquilo que ignoramos?


como reformular unha realidade sen partir de formulacións anteriores? para asasinar primeiro hai que roubar


as fórmulas básicas da literatura popular cobran especial importancia non como mero exercicio de entretenemento senón como unha maneira de empezar a decodificar o mundo con outro ángulo de visión


se a poesía renuncia totalmente á palabra, a palabra libre desaparece e o vocabulario pasa a ser monopolio dos traficantes de mercadorías


o dadaísmo e as propostas vangardistas do XX propuxeron camiños novos que quedaron a media exploración, hai que percorrelos aproveitando todas as descobertas para dotalas de ética e moral persoais


nada hai máis agresivo para a creatividade que as propostas colectivistas, preferimos a libre cooperación




por que?


só do libre compromiso entre as persoas poden nacer balas cara o futuro



5 comentarios:

hipocrifish dixo...

disque a revolusión non vai ser televisada pero nunca se necesitaron tantos cables. E xa se sabe que onde hai liada sempre malla peixe.

orola dixo...

Sempre sospeitei que era unha cuestión de cables mutantes, pero cables. En fin, pobres de nós que marche a lus!

lili dixo...

Si, o luserio a final sempre sae caro. Co ben que se está a dúas velas e a velas vir cun ollo medio guiñado!

Comentario só apto para galaico-competentes. Calquera tradución seguro que é aberrante. En fin, un cúmulo de distorsións.

angola dixo...

oremosalseñor,ai men!

caóticatotal dixo...

Que raro: cabreados cableados, ui, ui, ui...