16/06/11

A REVOLUCIÓN NO VERÁN


A luz é excesiva. Os homes corren a mercar panos, e iso non serve para tirar os mocos.

Último recurso: a eclipse, acrobacia celeste.

No entroido cósmico, ese home que toma a serio o seu papel de planeta.                    Arde o sol en efixie, ironía da fortuna, chanza de escravos.

Que non rían de máis. Os escravos dan volta arredor da moa que moe o baleiro. A suor emborracha os astros; o sol barrigudo arrástrase polo po das rutas, un ollo rebentado ábrese no céo e os escravos de espaldas brillantes escachan a rir.

RENÉ DAUMAL: Poésie noir, poésie blanche, Paris 1954



operarios da fábrica de salgadura de Anido, 1900