16/05/11

MENÚ NEODITOSO PARA DESPOIS DA REVOLUSIÓN

Restaurante: Para non morrer de fame, avda Las Cloacas, 
nº 0, soto, teléf. inalámbrico e innumérico. Faga o seu pedido por vía telepática.










1º Prato (non encha): 


a) propostas variadas freelance para tatamudos perplexos
b) corasóns de melóns acompañados das súas tías
c) xoubas anoréxicas á prancha
d) cremalleiras avariadas con salsa de coplas bárbaras


2º Prato ( modérese)


a) muslos de poesía cariada con elexías frixidas a la muerte de su amada
b) alunizacións variadas con sal de miseria pa todos estilo la capital
c) fonambulistas en acción caendo en picado dende o subcociente
d) aeroliñas en eclosión antes de seren abortadas
e) pirulís en escabeche picante con  pementos de Padrón da clandestinidade
f) caldeirada de rubio americano ( prato recomendado para racistas, xenófobos e machistas pelados)


3º Prato ( aquí pode despacharse a gusto se aínda ten fome)


a) beirarrúas desérticas de xornada laboral e lectiva
b) insectos migratorios en forma de nube compacta
c) ancas de ra extinguida
d) media man catatónica da amada con zumo de pato á laranxa






Acompañamentos ( a escoller)
  •  ensalada de edras asasinas
  • arponazos nas súas partes estratéxicas
  • xenes selectos
  • pegamento de cola de cabalo marca: alacola
  • ideas conxeladas en granizado de pizza parlamentaria
  • pelos das trenzas de Pipi
  • chupikaramelos
Postres ( só se pode pedir un)
  • Puré de rosas vermellas
  • suspiros de pingüín en apuros
  • bombiñas de tempo sen pel
  • batido de ollos de piollo
  • xeado de amorumor
  • espasmo petrificado
Para beber: Cubiños de xeo de xudre sometidos a alta presión atmosférica.




Nota para clientes despistadiños: non se inclúen os prezos porque estamos seguras que ninguén de vostedes podería pagalos. Isto só está ao alcance da jet. Oh yea!



por aquí...por aquí


Vigo vivo AQUÍ crónicas da manifa
e AQUÍ

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Vaia punto que che deu, salvaxe de vez. Que pasou? non tiñas pan cando chegaches da manifa? Ou deches con alguén que viña de volta e media que che espertou instintos asasinos?
Como din os vellos: "comer non comiamos pero rir riabamos que nos matabamos"

angola dixo...

Debeu ser iso, si. Ganiña dun bocata. Cheguei esfameada. Vémonos o venres no MARCO. Lembra que temos que propoñer máis sesións de repentismo galaico improvisado. Ah! e trae a ghaita! hai que meter ruído festeiro se non aínda han pensar que somos os da contribusión. Que non te amarguen, tío.